Skip to Content

Información de interese

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS 2024

Publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2024 destinadas ao alumnado que cursa 1º e 2º de bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos. (DOG do 12/02/2024).

A solicitude destas axudas iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible na páxina web do programa:

https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

dese consultar toda a información nos enlaces seguintes:

CALENDARIO FINAL DE CURSO

Pódese consultar tamén no seguinte enlace:

CALENDARIO FINAL CURSO

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES DE AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR

Desde o 20 de maio está aberto o prazo para solicitar as axudas para material escolar destinadas a alumnado matriculado en Primaria, ESO e Educación Especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (ao ser o IES Cabo Ortegal un centro Edixgal con libros de texto dixitais, non se solicitan axudas para libros de texto).

O prazo para a realización dos trámites necesarios finaliza  o 21 de xuño, este incluído. A presentación de solicitudes realizarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible dende a sede electrónica da Xunta de Galicia. Tamén se poderán presentar as solicitudes de xeito presencial no centro educativo ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos pola normativa reguladora do procedemento administrativo común cumprimentando o seguinte formulario: ANEXO SOLICITUDE e que deberá ser entregado na administración do centro. 

As convocatorias poden consultarse no Diario Oficial de Galicia e no Portal Educativo

CONVOCATORIA BOLSAS DE ESTUDO 2023/2024 (Estudos postobrigatorios)

Convocadas as Bolsas para estudantes que no vindeiro curso académico 2023/2024 cursen ensinanzas postobrigatorias.

Poderá ser beneficiario das distintas contías o alumnado que non superando unha determinada renda e/ou patrimonio familiar e que cumprindo uns determinados requisitos de aproveitamento académico cursen no ano académico 2023/2024 calquera das seguintes modalidades:

  • Bacharelato.
  • Formación profesional de grao medio e de grao superior.
  • Ciclos Formativos de Grao Básico.
  • Ensinanzas artísticas profesionais e superiores.
  • Ensinanzas deportivas.
  • Estudos relixiosos superiores.
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, incluída a modalidade a distancia.
  • Cursos de acceso e de preparación para probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para acceso a ciclos formativos de grao medio e superior, impartidos en centros públicos e privados concertados.
  • Ensinanzas universitarias do sistema universitario español cursadas en centros españois. 

As solicitudes deberán realizarse online a través da sede electrónica na dirección https://sede.educacion.gob.es ou en https://www.educacionyfp.gob.es, sendo o prazo establecido para a presentación dende o 27 de marzo de 2023 ata o 17 de maio de 2023, ambos inclusive.

Pódese consultar máis información nos seguintes enlaces:

- Estracto da Resolución.

- Páxina web becaseducación.

 

MODIFICACIÓNS AO CALENDARIO ESCOLAR: AVALIACIÓN NA ESO E BACHARELATO

Publicada a  ORDE do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, na que se indica que a 3ª avaliación e a avaliación final de todos os niveis da ESO deben desenvolverse nas mesmas datas, polo que as sesións da 3ª avaliación e da avaliación final da ESO desenvolveranse conxuntamente a partir do día 22 de xuño.

Pódense consultar as principais directrices no seguinte enlace:

ADENDA PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO (CURSO 2023-2024)

RESOLUCIÓN DA RESERVA DE PRAZA

Unha vez rematado o prazo para realizar a reserva de praza, infórmase que TODO o alumnado do CEIP Manuel Fraga Iribarne que presentou a solicitude de reserva de praza para cursar 1º da ESO no curso académico 2023-2024 no IES Cabo Ortegal foi admitido e obtivo praza.

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO (CURSO 2023-2024)

PRIMEIRA FASE DE RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

O prazo de solicitudes para realizar a reserva de praza do alumnado que cursará estudos no IES Cabo Ortegal en 1º da ESO no curso académico 2023-2024 abrangue do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro de 2023, ambos incluídos. 

Para poder realizar a reserva de praza deberase presentar presencialmente ou a través da aplicación admisionalumnado o formulario normalizado (ED550A) que se publica como anexo I da orde. Este formulario será facilitado gratuitamente nos correspondentes centros docentes e tamén estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. 

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso (CEIP Manuel Fraga Iribarne) ou a través da antedita aplicación. 

2º ESO SESIÓN NA PISCINA

07/02/2023 08:30
07/02/2023 11:00

O alumnado de 2º ESO realiza unha actividade na piscina municipal o martes 07 de febrero de 2023 de 08:30 a 11:00 horas.

A actividade está organizada polo departamento de Educación Física e conta coa colaboración do Concello de Cariño.

 

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR (Renovación parcial 2022)

De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 30 de setembro) da Dirección Xeral de Educación, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros de Consellos Escolares de centros docente sostidos con fondos públicos, e unha vez constituída a Xunta Electoral que regulará todo o proceso, pódese consultar o calendario electoral no seguinte enlace: CALENDARIO ELECTORAL.

Os censos estarán expostos no taboleiro de anuncios e nos seguintes enlaces pódese consultar toda a información relevante relacionada coa convocatoria de cada un dos sectores:

RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA A XESTIÓN DA COVID-19

Segundo as últimas instrucións publicadas pola Consellería no relativo á xestión da Covid-19 no ámbito educativo, informamos que:

  • Segue sendo recomendable a ventilación dos espazos, polo que na medida do posible continuarase cunha óptima ventilación das aulas e zonas comúns do centro.
  • Seguirase promovendo a hixiene de mans e a hixiene respiratoria.
  • A máscara é recomendable cando se presenten síntomas compatibles coa enfermidade ou naquelas persoas con criterios de vulnerabilidade. Neste punto é importante recordar aos usuarios de transporte escolar que polo de agora a máscara si é obrigatoria no interior do bus.
  • Finalmente cando unha persoa sexa positivo por Covid poderá asistir ao centro sempre que non se atope mal, pero nese caso terá a obriga de utilizar máscara. No caso en que a sintomatoloxía lle impedise asistir con normalidade ao centro, non acudirá, como no caso de calquera outra enfermidade común.

TODOS CONCURSO: EN BUSCA DO ENIGMA PERDIDO

09/11/2021 08:30
09/11/2021 14:00

Todo o alumnado do centro participa no concurso "En busca do enigma perdido", organizado pola Biblioteca, o Club de Ciencias e o EDLG do IES Cabo Ortegal, do 9 ao 12 e do 16 ao 19 de novembro de 2021


1ºBAC CHARLA LUIS DAVILA

27/09/2021 11:00
27/09/2021 11:50

O alumnado de 1º de BAC ten unha charla con Luís Davila Malvido, deseñador gráfico, ilustrador e viñetista galego, coñecido polo seu traballo O Bichero para Faro de Vigo, o luns 27-09-2021 de 11:00 a 11:50 horas

CONVOCATORIA DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN DE BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS (CURSO 2021-2022)

Aberto o prazo de solicitude de bolsas e axudas para estudos post obrigatorios convocadas polo Ministerio de Educación para o curso 2021-2022.

BENEFICIARIOS E PRAZOS

  • Estudantes de bacharelato: Ata o 30 de setembro de 2021.
  • Estudante de Formación Profesional graos medio e superior: ata o 30 de setembro de 2021.
  • Estudantes con necesidade específica de apoio educativo: ata o 30 de setembro de 2021.
  • Estudantes universitarios: ata o 14 de outubro de 2021.

MÁIS INFORMACIÓN

Pódese consultar máis información no seguinte enlace: INFORMACIÓN BECAS

INFORMACIÓN FIN DE CURSO 2º BACHARELATO (Avaliación final ordinaria)

Unha vez rematado o curso para 2º de Bacharelato, as datas relacionadas coa publicación de notas, entrega de boletíns, revisión e reclamación das cualificacións de 2º de bacharelato, así como o período para a entrega da documentación ABAU, poderanse consultar no seguinte enlace: CALENDARIO FINAL 2º BAC.

Así mesmo, toda a información de interese para formalizar a matrícula na proba ABAU ordinaria 2021 está dispoñible no seguinte enlace: INFORMACIÓN MATRÍCULA ABAU.

Toda esta información transmitirase tamén na reunión que se manterá co alumnado o mércores 19 ás 10:30 horas na aula desdobre 2º ESO B.

As probas da avaliación final extraordinaria terán lugar entre o mércores 16 e o martes 22 de xuño. Nos vindeiros días publicarase o calendario de exames.

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Este ano 2021 homenaxeamos a Xela Arias, poeta, tradutora e profesora, sendo a quinta muller que recibe esta homenaxe nos 58 anos de existencia da celebración.

1ºBAC RUTA AO FUCIÑO DO PORCO

13/05/2021 10:30
13/05/2021 17:00

O xoves 13 de maio de 10:30 a 17:00 horas, o alumnado de 1º BAC realizará unha ruta ao Fuciño do Porco organizada polo Club de Ciencias do instituto.

 

ENQUISA CONVIVENCIA ESCOLAR 2021

De acordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020: educonvives.gal.

No marco desta Estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.

Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025, polo que faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia.

A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo. Cubrir o cuestionario estímase que leva uns 10-15 minutos.

Ao longo desta semana facilitarase  o código de acceso á recollida de datos, sendo a data límite para cubrir a enquisa o 29 de abril (incluído).

Nas seguintes ligazóns pódese acceder aos diferentes formularios para a recollida de datos de cada sector da comunidade educativa:

 

Agradecémoslle a súa colaboración e participación nesta recollida de datos.

DÍA NON LECTIVO

Recórdase que o vindeiro venres 8 de xaneiro non será lectivo por ser un dos días elixidos polo Consello Escolar e autorizado pola Xefatura Territorial da Consellería de Educación.

As clases despois das vacacións de Nadal reanudaranse o luns 11 de xaneiro no seu horario habitual.

CONVOCATORIA BECAS E AXUDAS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN PARA ESTUDOS POSTOBRIGATORIOS (CURSO 2020-2021)

Aberto o prazo de solicitude de bolsas e axudas para estudos post obrigatorios convocadas polo Ministerio de Educación para o curso 2020-2021.

BENEFICIARIOS E PRAZOS

  • Estudantes de bacharelato: Ata o 1 de outubro de 2020.
  • Estudante de Formación Profesional garos medio e superior: ata o 1 de outubro de 2020.
  • Estudantes con necesidade específica de apoio educativo: ata o 30 de setembro de 2020.
  • Estudantes universitarios: ata o 15 de outubro de 2020.

MÁIS INFORMACIÓN

Pódese consultar máis información no seguinte enlace: INFORMACIÓN BECAS

 

TELÉFONOS DE CONTACTO

Para atender calquera solicitude, necesidade ou urxencia pódese chamar a algún dos seguintes teléfonos:

881960101 - 698148050 - 698148051

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO 2020

Nos seguintes enlaces pódense consultar o calendario dos exames de setembro:

OBSERVACIÓN: As probas desta convocatoria extraordinaria serán presenciais e deberanse seguir as instrucións publicadas nesta páxina web.

LETRAS GALEGAS 2020 NAS NOSAS VOCES

O IES Pedro Floriani (Redondela), o IES Pino Manso (O Porriño) e o IES Cabo Ortegal unimos as nosas voces nun vídeo para celebrar o Día das Letras Galegas 2020, dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
No VíDEO fanse lecturas de persoas homenaxeadas, desde o ano 1963 dedicado a Rosalía de Castro, ata chegar ao homenaxeado deste 2020.
Moitas grazas ás persoas que se animaron a participar!

 

CALENDARIO EXAMES FINAIS 2º BACHARELATO

Pódese consultar o calendario de exames finais de 2º de bacharelato no seguinte enlace: CALENDARIO.

3º e 4º ESO, 1º BAC e CICLO 2ª AVALIACIÓN

28/03/2019 15:30
28/03/2019 20:00

O xoves 28 de marzo terán lugar as avaliacións de 3º e 4º da ESO e de 1º BAC e CICLO de 15:30 a 18:15 horas

2º BAC 2ª AVALIACIÓN

18/02/2019 17:40
18/02/2019 18:40

O luns 18 de febreirode 17:45 a 18:30 horas terá lugar a segunda avaliación do alumnado de 2º BAC

1º e 2º ESO 1ª AVALIACIÓN

19/12/2018 15:30
19/12/2018 20:00

O mércores 19 de decembro terá lugar a primeira avaliación do alumnado de 1º e 2º da ESO

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR (Renovación parcial 2018)

Mañá martes 27 de novembro terán lugar as votacións para a elección dos membros dos diferentes sectores ao Consello Escolar, correspondente á renovación parcial deste ano 2018.

  • O alumnado poderá votar na franxa horaria comprendida entre as 9:30 e as 13:00 horas. A mesa electoral estará situada na Biblioteca do centro.
  • O profesorado poderá votar en sesión de Claustro extraordinario convocado ás 14:00 horas na sala de profesores.
  • Os pais e as nais poderán votar na franxa horaria comprendida entre as 18:30 horas e as 20:15 horas. A mesa electoral estará situada na Biblioteca do centro.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR (Renovación parcial 2018)

O martes 7 de novembro constituíuse no IES Cabo Ortegal a Xunta Electoral que regula o proceso de eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar 2018, quedando aprobado o calendario do mesmo. Pódese consultar no seguinte enlace:

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Os censos dos diferentes sectores están expostos no taboleiros de anuncios do centro.

O prazo de presentación de candidaturas está aberto dende o xoves 8 de novembro ata as 14:00 horas do venres 16 de novembro. Todos os interesados en presentar a súa candidatura ás eleccións deberán cubrir a solicitude dentro do prazo establecido, solicitude que se facilitará na secretaría do centro. O luns 19 de novembro será finalmente cando quedarán proclamadas pola Xunta Electoral as candidaturas dos diferentes sectores.

As votacións realizaranse o martes 27 no IES Cabo Ortegal.

Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro solicitando máis información.


2 DE NOVEMBRO DÍA NON LECTIVO

Os vindeiros 1 e 2 de novembro de 2018 non haberá clases por estar establecido no calendario escolar do curso 2018-2019 do IES Cabo Ortegal. O día 1 é festivo nacional, e día 2 foi aprobado no Consello Escolar celebrado o 17 de setembro de 2018 como día non lectivo. As clases reanudaranse o luns 5 de novembro no seu horario habitual.

BOP: axudas para sufragar actividades culturais, deportivas e educativas ano 2018. Concello de Cariño

Aos efectos de xeral coñecemento faise público o acordo da Xunta de Goberno local de data 11/10/2018 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para sufragar as actividades culturais,deportivas e educativas no ano 2018, e cuxo teor literal se reproduce a continuación:

As presentes bases rexerán a convocatoria de concesión de axudas para sufragar as actividades culturais, deportivas e educativas dos/as alumnos/as empadroados/as e escolarizados/as en Cariño  nos seguintes cursos:

-Infantil(3,4 e 5 anos).

-Educación Primaria.

-Educación Secundaria Obrigatoria.

-Bacharelato.

OBXECTO DA CONVOCATORIA.

A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas para garantir o acceso ás actividades culturais, deportivas e educativas (clases de apoio aos estudos, apoio a necesidades educativas,...) que se realicen no Concello de Cariño durante o ano 2018, destinadas ós/ás alumnos/as empadroados/as e escolarizados/as nesta localidade nalgún dos cursos desta convocatoria, pertencentes ás familias con menor poder adquisitivo do municipio, non sendo compatibles con calquera outra axuda que perciban polo mesmo concepto.

O fin último destas axudas é favorecer a integración sociocultural e garantir as necesidades básicas destas unidades familiares no eido da cultura, educación e deporte.

O prazo de presentación remata o martes 6 de novembro de 2018.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut