Skip to Content

Información de interese

ANDAINA CARIÑO EN NEGRO

23/11/2018 11:15
23/11/2018 13:30

O venres 23-11-18 de 11:15 a 13:30 toda a comunidade educativa participa na concentración "En Negro Contra As Violencias" organizada polo Concello de Cariño.

2º ESO A e A DES CHARLA SOBRE PREVENCIÓN DE DROGAS

22/11/2018 08:30
22/11/2018 10:10

O alumnado de 2º ESO A e A DES participa nunha charla sobre Prevención de drogas o xoves 22-11-18 de 08:30 a 10:10 horas.

1º BAC e CICLO CHARLA DA U-TAD

19/11/2018 16:50
19/11/2018 17:40

O alumnado de 1º BAC e CICLO asisten a unha charla impartida por un menbro da U-Tad o centro universitario de Tecnoloxía e Arte Dixital o luns 19-11-18 de 16:50 a 17:40 horas

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR (Renovación parcial 2018)

O próximo martes 20 de novembro, ás 10:10 horas, terá lugar na sala de usos múltiples do centro o sorteo público dos compoñentes das mesas electorais de nais/pais e de alumnado, correspondentes á renovación parcial do Consello Escolar 2018.

MAGOSTO 2018

12/11/2018 16:00
12/11/2018 17:40

Como todos os anos no IES Cabo Ortegal o luns 12 de novembro de 16:00 a 17:40 horas horas celebramos o magosto cunha xornada na que toda a comunidade educativa pasa unha tarde muy aimada cos xogos populares e a degustación de castañas asadas.

Non podemos olvidarnos de agradecerlle ao concello a súa colaboración, proporcionándonos o asador para as castañas, a leña e os xogos populares, e a toda a comunidade educativa que dedicou parte do seu tempo en preparar as castañas para poder asalas.

ESTADES TODOS CONVIDADOS E DISFRUTADE DA XORNADA!!!!

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR (Renovación parcial 2018)

O martes 7 de novembro constituíuse no IES Cabo Ortegal a Xunta Electoral que regula o proceso de eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar 2018, quedando aprobado o calendario do mesmo. Pódese consultar no seguinte enlace:

CALENDARIO ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Os censos dos diferentes sectores están expostos no taboleiros de anuncios do centro.

O prazo de presentación de candidaturas está aberto dende o xoves 8 de novembro ata as 14:00 horas do venres 16 de novembro. Todos os interesados en presentar a súa candidatura ás eleccións deberán cubrir a solicitude dentro do prazo establecido, solicitude que se facilitará na secretaría do centro. O luns 19 de novembro será finalmente cando quedarán proclamadas pola Xunta Electoral as candidaturas dos diferentes sectores.

As votacións realizaranse o martes 27 no IES Cabo Ortegal.

Para calquera dúbida, pódese acudir ao centro solicitando máis información.


1º ESO A CHARLA SOBRE NOVAS TECNOLOXÍAS

06/11/2018 12:20
06/11/2018 13:10

O alumnado de 1º ESO A participa nunha charla sobre Novas Tecnoloxías, impartida por un membro da Garda Civil, o martes 6-11-18 de 12:20 a 13:10 horas

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR (2018)

Tendo en conta o Decreto 92/1988 do 28 de abril, modificado polo Decreto 279/1990 do 27 de abril e polo Decreto 324/1996 do 26 de xullo,  e tendo en conta tamén a resolución do 25 de setembro de 2018 (DOG do 8 de outubro) que establece o calendario para a celebración de eleccións de membros de consellos escolares, o próximo luns 5 de novembro terá lugar, ás 10:10 horas, na sala de usos múltiples do IES Cabo Ortegal, o sorteo público dos membros (titulares e suplentes) da Xunta Electoral que regulará todo o proceso desta renovación parcial dos membros do Consello Escolar.

O mércores 7 de novembro constituirase a Xunta Electoral e, unha vez aprobado, publicarase o calendario electoral.

CAMPAÑA ESCOLAR "UN MAR DE CULTURA"

23/10/2018 08:30
23/10/2018 18:00

O alumnado de 1º da ESO desprazase, de 8:30 a 18:00 horas, a Viveiro e San Cibrao para participar na campaña escolar de divulgación da cultura e os recuros do mar “Un Mar de Cultura: Os nenos e o Mar”. Na actividade realizan as visitas á granxa de coral de Viveiro,  ó museo provincial do mar e á carpintería de ribeira de San Cibrao (única na Mariña Lucense).

Podedes ver algunhos momentos no seguinte enlace.

BOP: axudas para sufragar actividades culturais, deportivas e educativas ano 2018. Concello de Cariño

Aos efectos de xeral coñecemento faise público o acordo da Xunta de Goberno local de data 11/10/2018 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para sufragar as actividades culturais,deportivas e educativas no ano 2018, e cuxo teor literal se reproduce a continuación:

As presentes bases rexerán a convocatoria de concesión de axudas para sufragar as actividades culturais, deportivas e educativas dos/as alumnos/as empadroados/as e escolarizados/as en Cariño  nos seguintes cursos:

-Infantil(3,4 e 5 anos).

-Educación Primaria.

-Educación Secundaria Obrigatoria.

-Bacharelato.

OBXECTO DA CONVOCATORIA.

A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas para garantir o acceso ás actividades culturais, deportivas e educativas (clases de apoio aos estudos, apoio a necesidades educativas,...) que se realicen no Concello de Cariño durante o ano 2018, destinadas ós/ás alumnos/as empadroados/as e escolarizados/as nesta localidade nalgún dos cursos desta convocatoria, pertencentes ás familias con menor poder adquisitivo do municipio, non sendo compatibles con calquera outra axuda que perciban polo mesmo concepto.

O fin último destas axudas é favorecer a integración sociocultural e garantir as necesidades básicas destas unidades familiares no eido da cultura, educación e deporte.

O prazo de presentación remata o martes 6 de novembro de 2018.

 

ENQUISA TELEMÁTICA: SUPRIME O CONTROL

17/10/2018 12:20
17/10/2018 13:10

O mércores 17-10-18 o alumnado de 4 ESO A realiza unha enquisa telemática dentro do programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero de 12:20 a 13:10 horas

ENQUISA TELEMÁTICA: SUPRIME O CONTROL

15/10/2018 12:20
15/10/2018 13:10

O luns 15-10-18 o alumnado de 3 ESO B realiza unha enquisa telemática dentro do programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero de 12:20 a 13:10 horas

ENQUISA TELEMÁTICA: SUPRIME O CONTROL

15/10/2018 10:25
15/10/2018 11:15

O luns 15-10-18 o alumnado de 3 ESO A realiza unha enquisa telemática dentro do programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero de 10:25 a 11:15 horas

INICIACIÓN Á PERCUSIÓN

29/10/2018 12:20
29/10/2018 13:10

O alumnado de 3 ESO B ten unha sesión de iniciación á percusión o luns 29-11-18 de 12:25 a 13:10 horas

INICIACIÓN Á PERCUSIÓN

29/10/2018 11:15
29/10/2018 12:05

O alumnado de 3 ESO A ten unha sesión de iniciación á percusión o luns 29-11-18 de 11:15 a 12:05 horas

INICIACIÓN Á PERCUSIÓN

29/10/2018 10:25
29/10/2018 11:15

O alumnado de 2 ESO A ten unha sesión de iniciación á percusión o luns 29-11-18 de 10:25 a 11:15 horas

INICIACIÓN Á PERCUSIÓN

29/10/2018 09:20
29/10/2018 10:10

O alumnado de 2 ESO B ten unha sesión de iniciación á percusión o luns 29-11-18 de 09:20 a 10:10 horas

ENQUISA TELEMÁTICA: SUPRIME O CONTROL

17/10/2018 13:10
17/10/2018 14:00

O mércores 17-10-18 o alumnado de 4 ESO B realiza unha enquisa telemática dentro do programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero de 13:10 a 14:00 horas

ACTIVIDADES "XOGADE NO AUGA" EN CEDEIRA

10/10/2018 08:30
10/10/2018 14:00

O alumnado de 4º de ESO realiza en Cedeira o mércores 10 de maio de 2018 de 8:30 a 14:00 horas, dentro da campaña de promoción dos deportes náuticos dentro do centro, una sesión de 3 horas onde se imparten contidos de vela lixeira, de piragüismo e de kaiak polo, ademáis organízase unha ruta para ter unha toma de contacto co paddle board.

VISITA Á CAPELA 2018

05/10/2018 10:00
05/10/2018 14:00

O alumnado de 1º ESO realiza unha visita ao CEIP Mosteiro de Caaveiro de 10:00 a 14:00 horas. Alí practican distintos xogos tradicionais baixo a supervisión do alumnado do centro da Capela.

2º BAC 1ª AVALIACIÓN

26/11/2018 17:45
26/11/2018 18:45

O luns 26 de novembro terá lugar a primeira avaliación do alumnado de 2º de BAC

OBRADOIRO DE RAP EN GALEGO

24/09/2018 12:00
24/09/2018 14:00

O alumnado de 1º de ESO participa nun obradoiro de rap en galego de 12:20 a 14:00 horas

LISTAXE DEFINITIVA DOS LIBROS DE TEXTO 2020/2021

Nos seguintes enlaces aparecen a relación dos libros de texto de Bacharelato para o vindeiro curso académico. Os libros que non figuren nas diferentes listas non haberá que compralos.

No caso dos libros de 3º da ESO non será necesario comprar ningún libro, xa que o centro dispón de libros suficientes para repartir a todo alumnado.

No caso dos libros de 4º da ESO non será necesario comprar ningún libro, xa que o centro dispón de libros suficientes para repartir a todo alumnado.

Recordar tamén que o IES é centro Edixgal, polo que tanto en 1º da ESO como en 2º da ESO, os libros serán dixitais e non se necesitará comprar ningún. Calquera libro que o profesorado destes cursos utilice como apoio será facilitado polo centro.

O alumnado de 1º ESO terá que comprar o libro de actividades de Educación Plástica, xa que nel ser farán os distintos exercicios do curso. No seguinte enlace figura o ISBN de dito libro:

VIAXE DE FIN DE ETAPA AO ALGARVE

16/06/2018 00:00

O alumnado de 4º de ESO realiza unha viaxe didáctica ao Algarve, con motivo da súa finalización dos seus estudos de secundaria, do 16 ao 22 de xuño de 2018.

VIAXE DIDÁCTICA A FLORENCIA E ROMA

29/05/2018 03:30
29/05/2018 03:30

O alumnado de 1º de BAC que cursa a materia de Relixión Católica realiza unha viaxe didáctica a Florencia e Roma do martes 29 de maio ao sábado 2 de xuño de 2018.


VIAXE DIDÁCTICA A LONDRES

04/04/2018 14:00

O alumnado de 3º DE ESO que cursa a materia de Tecnoloxía bilingüe realiza unha viaxe didáctica a Londres do mércores 4 ao domingo 8 de abril de 2018.


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA

Aberto o prazo para presentar proxectos para a xestión e explotación da cafetería do centro dende o 20 de xuño ata o 26 de xuño, ambos incluídos.

Para máis información pódese consultar o seguinte enlace: INSTRUCIÓNS.

CALENDARIO ABAU DEFINITIVO

No seguinte enlace pódese consultar o calendario definitivo da Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade deste curso 2016/2017: CALENDARIO.

Para máis información a cerca da proba recoméndase consultar a páxina da CiUG.

VISITA Á DOMUS E Á CASA DAS CIENCIAS DE A CORUÑA

16/02/2017 08:30

O alumnado de 4º da ESO e de 1º de BAC realizou unha viaxe didáctica á Domus e á Casa das Ciencias de A Coruña.

LUNS 30 DE XANEIRO DÍA NON LECTIVO

Recórdase que o vindeiro luns 30 de xaneiro non haberá clases xa que foi aprobado no Consello Escolar celebrado o 15 de setembro de 2016, quedando así establecido no calendario escolar do curso 2016/17 do IES Cabo Ortegal. As clases reanudaranse o martes 31 de xaneiro no seu horario habitual.

Distribuir contido


by Dr. Radut