O pasado xoves 15 de xuño celebrouse o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Tivo lugar no auditorio de Cariño ás 19:30 horas e a el asistiu profesorado, persoal do centro, alumnado e familias.
O acto iniciouse co discurso da dirección do centro, pasando a continuación ao visionado de vídeos recordatorios, discurso do alumnado, actuacións e entrega de bandas e diplomas.
Dende o IES Cabo Ortegal queremos recoñecer e destacar a súa labor académica e transmitirlles os nosos mellores desexos para a nova estapa que comezan.