Na mañá dos días 10 e 11 de abril vaise levar a cabo en toda a Comunidade Autónoma de Galicia a avaliación de diagnóstico no 2º curso da ESO.
Esta avaliación trátase dunha proba anónima de carácter anual e que pretende avaliar as competencias do alumnado en comunicación lingüística (Lingua Galega, Lingua Castelá e Lingua Estranxeira) así como en matemáticas.
Esta proba non ten ningún efecto académico e non se reflectirá no expediente do alumnado. O seu obxectivo principal no é outro que obter información sobre o sistema educativo e do grao de adquisición das competencias en cada centro. Os resultados analizaranse de forma conxunta tomando como referencia o alumnado de toda Galicia.
Pódese consultar máis información no seguinte enlace: AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO 2023-2024.