Aos efectos de xeral coñecemento faise público o acordo da Xunta de Goberno local de data 11/10/2018 pola que se aproban as bases e se procede á convocatoria de axudas para sufragar as actividades culturais,deportivas e educativas no ano 2018, e cuxo teor literal se reproduce a continuación:
As presentes bases rexerán a convocatoria de concesión de axudas para sufragar as actividades culturais, deportivas e educativas dos/as alumnos/as empadroados/as e escolarizados/as en Cariño nos seguintes cursos:
-Infantil(3,4 e 5 anos).
-Educación Primaria.
-Educación Secundaria Obrigatoria.
-Bacharelato.
OBXECTO DA CONVOCATORIA.
A presente convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas para garantir o acceso ás actividades culturais, deportivas e educativas (clases de apoio aos estudos, apoio a necesidades educativas,...) que se realicen no Concello de Cariño durante o ano 2018, destinadas ós/ás alumnos/as empadroados/as e escolarizados/as nesta localidade nalgún dos cursos desta convocatoria, pertencentes ás familias con menor poder adquisitivo do municipio, non sendo compatibles con calquera outra axuda que perciban polo mesmo concepto.
O fin último destas axudas é favorecer a integración sociocultural e garantir as necesidades básicas destas unidades familiares no eido da cultura, educación e deporte.
O prazo de presentación remata o martes 6 de novembro de 2018.