Skip to Content

Eventos

  • warning: Creating default object from empty value in /srv/www/drupal6/sites/all/modules/event/event.module on line 125.
  • warning: Creating default object from empty value in /srv/www/drupal6/sites/all/modules/event/event.module on line 1092.
Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Novembro 07, 2024
Start: 07/11/2024 10:41

Velaquí algunhas das nosas últimas adquisicións. Agárdanvos, coma sempre, na sección de NOVIDADES da entrada da Biblio.

Start: 07/11/2024 11:00
End: 07/11/2024 11:30

No primeiro dos Recreos Científicos deste mes ca ciencia en galego, que se desenvolveu o xoves 7 de novembro, Os alumnos de 4º ESO David, Ce, Dani e Álex realizaron o experimento do ovo saltarín e explicáronnos o proceso de osmose.

Organizan os equipos de Biblioteca, Club de Ciencias e DLG


Domingo Novembro 10, 2024
Start: 10/11/2024 00:00
End: 10/11/2024 00:00

O noso alumnado de 3º ESO participa nun programa de inmersión lingüística nos Peares (Carballedo, Lugo) do 10 ao 16 de novembro de 2024.

Xunto ao alumnado doutros centros, potencian especialmente a súa capacidade para a comprensión e expresión orais mediante a estancia durante varios días nunha instalación que posibilita a inmersión total en inglés con profesorado nativo.

Así mesmo, mediante a metodoloxía CLIL, facilítase a adquisición de contidos adecuados para cada etapa educativa, e os programas complétanse coa realización de talleres, xogos, deporte, ...

 

Organizan os departamentos de Inglés e Tecnoloxía.

 

Luns Novembro 11, 2024
Start: 11/11/2024 08:30

LECTURAS CIENTÍFICAS
Vistes estes días a mesa instalada na entrada da Biblio? Neste #mesdaciencia algúns libriños saíron dos estantes e están esperando a que os levedes á casa! Astronomía, física, botánica, zooloxía... Hai para tódolos gustos! A que esperades?


#recomendacións #lecturas #ciencia #mesdacienciaengalegonasbibliotecas #bescolaresgal #plambe #edlg

Xoves Novembro 14, 2024
Start: 14/11/2024 11:00
End: 14/11/2024 11:30

No Recreo Científico do xoves 14, as alumnas de 4º de ESO e de 1º de Bacharelato ensináronnos a facer lámpadas de lava caseiras baseadas nos principios da efervescencia en auga e da inmiscibilidade da auga e do aceite.


#mesdacienciaengalegonasbibliotecas #novembro #clubdeciencias #bescolaresgal #edlg #ciencia #galego #experimentos

Start: 14/11/2024 11:30
End: 14/11/2024 12:20

O alumnado de 1º BAC A ten unha charla a cargo de membros da Armada o xoves 14-11-24 de 11:30 a 12:20 horas.

 

Organizada polo departamento de Orientación.

Venres Novembro 15, 2024
Start: 15/11/2024 11:00
End: 15/11/2024 11:30

Pablo, profe de Xeografía e Historia, fixo da Astronomía a súa paixón e tódalas persoas que asistimos ó Recreo de Micro Aberto do pasado venres 15 agora sabemos un pouquiño máis sobre este campo. Ademais de contarnos datos interesantes, amosounos as súas magníficas fotos do ceo. Xa estamos desexando unha saída para ir ver as estrelas!
#recreosdemicroaberto #astronomía #mesdacienciaengalegonasbibliotecas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #clubdeciencias #edlg


Sábado Novembro 16, 2024
Start: 16/11/2024 22:00
Do 10 ao 16 de novembro, o alumnado de 3°ESO participou na Digital Week nos Peares. Durante esta semana de inmersión lingüística, estiveron facendo actividades de deseño de páxinas web, robótica e deseño en 3D, ademais de diversas actividades e xogos para practicar a lingua inglesa.
Compartiron a actividade con outros 4 centros de Galicia, polo q tamen tiveron a oportunidade de coñecer a outro alumnado.
Aquí tedes o resumo:
Luns Novembro 18, 2024
Start: 18/11/2024 11:30
End: 18/11/2024 13:10

O alumnado de 3º e 4º ESO e 1º e 2º BAC participa na conferencia-espectáculo de Avelino González Galego para adolescentes o luns 18-11-24 de 11:30 a 13:10 horas.

Organiza o departamento de Dinamización da Lingua Galega en colaboración co Concello de Cariño

 

Martes Novembro 19, 2024
Start: 19/11/2024 12:00
End: 19/11/2024 13:10

O martes 19 de novembro ás 12 horas, o alumnado de 1 ESO asiste á videoconferencia "O universo e a exploración espacial", impartida por Begoña Vila Costas, doutora en Astrofísica e Enxeñeira Xefe de Sistemas no centro da NASA.

A actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Club de Ciencias no marco das actividades do Mes da Ciencia en Galego.


Venres Novembro 22, 2024
Start: 22/11/2024 08:30
End: 22/11/2024 10:10

O alumnado de 3º ESO recibe unha Formación en materia de sensibilización e prevención das violencias de xénero e LGTBIfobicas o venres 22 de novembro de 08:30 a 10:10 horas, impartida por Cristina Palacios da asociación ARELAS.

A charla está incluída no ciclo de conferencias da campaña comarcal Estaca de Bares, de faro a faro contra as violencias machistas promovida polas administracións municipais de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira.

Organiza o departamento de Orientación en colaboración co Concello de Cariño

Luns Novembro 25, 2024
Start: 25/11/2024 11:30

Con motivo da conmemoración do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra á muller todo a comunidade educativa do IES Cabo Ortegal realiza unha serie de actividades no instituto ás 11:00 horas para logo ir hasta o Concello de Cariño onde haberá un acto institucional a partir das 12:00 horas. Todos os participantes deberán acudir cunha camiseta ou similar de cor branca.

A actividade está organizada polo departamento de Orientación en colaboración co Concello de Cariño

Start: 25/11/2024 16:00
End: 25/11/2024 17:40

O luns 25-11-24, de 16:00 a 17:40 horas, todo o centro participa na celebración do Magosto. Haberá degustación de castañas asadas e, se a meteoroloxía o permite, poderase participar en xogos tradicionais no exterior. 

A actividade está organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega coa colaboración do Departamento de Educación Física.

Start: 25/11/2024 17:45
End: 25/11/2024 18:30

1ª AVALIACIÓN 2º BAC de 17:45 a 18:30 horas

Xoves Novembro 28, 2024
Start: 28/11/2024 09:00
End: 28/11/2024 10:30

O alumnado de 4º ESO ten unha actividade o xoves 28 de novembro de 09:00 a 10:30 horas

Estará impartida polas investigadoras Beatriz Díaz Rica e María Estela de Vega Matallanos, do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Nutrición (ICTAN) do CSIC. O obxectivo que os participantes sexan conscientes da cantidade de azucres libres que se consomen coas bebidas edulcoradas, azucradas e enerxéticas de consumo habitual.

O taller consta de dous partes. En primeiro lugar, realízase unha cata de catro bebidas con distintas cantidades de azucre ou edulcorantes para que aprendan a dinámica dunha análise sensorial, así como que sexan capaces de diferenciar entre as distintas intensidades do sabor doce. Comprobarán que catar implica non só o sentido do gusto, senón que é unha experiencia multisensorial.

Posteriormente, terá lugar a charla explicativa apoiada cunha presentación na que se darán as claves para diminuír o consumo destes produtos tan demandados polos mozos. Durante a charla explicarase como percibimos os sabores, especialmente o doce. Tamén se mostrará como o consumo dos azucres libres pode ter un efecto prexudicial para o organismo e como poden afectarnos os substitutos dos mesmos.

 

Organiza o departamento de Bioloxía en colaboración co Concello de Cariño

 

Start: 28/11/2024 11:30
End: 28/11/2024 13:00

O alumnado de 3º ESO ten unha actividade o xoves 28 de novembro de 11:30 a 13:00 horas

Estará impartida polas investigadoras Beatriz Díaz Rica e María Estela de Vega Matallanos, do Instituto de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Nutrición (ICTAN) do CSIC. O obxectivo que os participantes sexan conscientes da cantidade de azucres libres que se consomen coas bebidas edulcoradas, azucradas e enerxéticas de consumo habitual.

O taller consta de dous partes. En primeiro lugar, realízase unha cata de catro bebidas con distintas cantidades de azucre ou edulcorantes para que aprendan a dinámica dunha análise sensorial, así como que sexan capaces de diferenciar entre as distintas intensidades do sabor doce. Comprobarán que catar implica non só o sentido do gusto, senón que é unha experiencia multisensorial.

Posteriormente, terá lugar a charla explicativa apoiada cunha presentación na que se darán as claves para diminuír o consumo destes produtos tan demandados polos mozos. Durante a charla explicarase como percibimos os sabores, especialmente o doce. Tamén se mostrará como o consumo dos azucres libres pode ter un efecto prexudicial para o organismo e como poden afectarnos os substitutos dos mesmos.

 

Organiza o departamento de Bioloxía en colaboración co Concello de Cariño

 

Xoves Decembro 05, 2024
Start: 05/12/2024 11:30
End: 05/12/2024 13:10

O alumnado de 2º BAC ten unha charla sobre os cambios na ABAU, impartida por un membro da USC, o xoves 5-12-24 de 121:30 a 13:10 horas.

Organiza o departamento de Orientación.

Venres Decembro 06, 2024
Start: 06/12/2024 00:00
End: 06/12/2024 00:00

DÍA DA CONSTITUCIÓN (NON LECTIVO)

Distribuir contido


by Dr. Radut