Eventos
Actividade do equipo da biblioteca.
Disfraces e concurso de sobremesas:
· 1º recreo, exposición de sobremesas e valoración do xurado
· 2º recreo, fallo do xurado e entrega de premios
Día: Mércores 30 de outubro de 2013.
Grupos: Todo o centro.
Horario: Os 2 recreos.
Lugar: A biblioteca.
QUE É O MAGOSTO PARA TI?
Esta festa realizábase coa recollida deste froito en agradecemento á colleita recibida. Só se celebra en determinadas zonas do norte de España, onde a castaña foi a base da alimentación nos seus antepasados.
Hoxe en día, adoitamos celebralo nos días comprendidos entre o 1 de novembro e o 11. Ademais de comer castañas asadas, tamén degustamos outros alimentos como chourizos, ou viño para os máis maiores.
Pois como vedes, hoxe descubrín porque os galegos celebramos esta festa, e o que significaba para os nosos devanceiros.
E para ti, para ti que é o Magosto?
Carmen Ramonde Mera, 4º ESO