A materia de Filosofía de cuarto curso de ESO ten como unha das súas finalidades contribuír a dotar o alumnado dunha capacidade básica de
comprensión. Esta capacidade, arrancando da propia experiencia humana, das vivencias, das inquedanzas e dos interrogantes que ela mesma
suscita, debe catapultar o alumnado ao limiar dunha capacidade de crítica, de argumentación e síntese que, ademais da súa exemplificación
filosófica, poida servirlle para desenvolverse como persoa e como cidadán ou cidadá, entendendo a radicalidade do saber filosófico como ferramenta
de transformación e cambio.
A comprensión de si mesmo/a e do mundo en que se vive, sen esquecer a súa vertente histórica, responde á dimensión teórica da filosofía como
"preguntar radical" mediante a procura e tratamento dos grandes interrogantes filosóficos. Xunto a iso, a materia debe proxectar unha dimensión
práctica, incidindo basicamente no fomento dunha actitude reflexiva e crítica que non acepte nada preconcibido, e dunha capacidade de pensar que,
a través da mediación dialóxica, sexa capaz de argumentar de forma coherente e lóxica. O alumnado, deste xeito, deberá integrar coherentemente
as súas ideas e as súas crenzas, someténdoas á crítica e á visión doutras persoas para ser quen de alcanzar un pen
- Profesor/a: Ángel Lago García