Historia da Filosofía, ademais de ser unha materia que dá sentido e continuidade desde unha perspectiva histórica ás ideas que se presentaron nas materias de Filosofía de cuarto de ESO e Filosofía de primeiro de bacharelato, contribúe ao desenvolvemento integral dos alumnos e das alumnas de bacharelato, xa que permite tomar conciencia do seu ser como ser pensante e autónomo, e reflexionar sobre as súas propias crenzas, ideas e conviccións e as do mundo que hai arredor, de xeito crítico e razoado, e rexeitalas e/ou modificalas, ou asumilas como parte de si. Historia da Filosofía non se presenta como un percorrido cronolóxico polas ideas do pensamento occidental sen máis; tampouco debería ser un simple compendio de autores e autoras, senón un intento de achegamento ao esforzo do ser humano por comprender a realidade e o propio ser humano en todas as súas dimensións. Trátase dunha investigación que nos fará máis libres, permitiranos comprender o pasado e o presente, e proxectar solucións sobre os problemas que se nos formulen no futuro. É no pensar de "outros/as" (e con "outros/as") como se foi configurando ao longo da historia das ideas, como lograremos estimular o noso propio pensamento, ese "sapere aude" kantiano, que nos leve a xerar as nosas propias ideas tendo en conta de onde proceden e respectando as persoas que non pensan coma nós. Ese pensar a través do diálogo de distintos/as autores/as e épocas que foron creando aproximacións ou tendencias cara á verdade respecto aos problemas e ás grandes preguntas que se formulou o ser humano ao longo da súa existencia constitúe a Historia da Filosofía. E nese percorrido, o alumnado deberá reflexionar sobre as razóns da p

A materia de Filosofía de cuarto curso de ESO ten como unha das súas finalidades contribuír a dotar o alumnado dunha capacidade básica de comprensión. Esta capacidade, arrancando da propia experiencia humana, das vivencias, das inquedanzas e dos interrogantes que ela mesma suscita, debe catapultar o alumnado ao limiar dunha capacidade de crítica, de argumentación e síntese que, ademais da súa exemplificación filosófica, poida servirlle para desenvolverse como persoa e como cidadán ou cidadá, entendendo a radicalidade do saber filosófico como ferramenta de transformación e cambio. A comprensión de si mesmo/a e do mundo en que se vive, sen esquecer a súa vertente histórica, responde á dimensión teórica da filosofía como "preguntar radical" mediante a procura e tratamento dos grandes interrogantes filosóficos. Xunto a iso, a materia debe proxectar unha dimensión práctica, incidindo basicamente no fomento dunha actitude reflexiva e crítica que non acepte nada preconcibido, e dunha capacidade de pensar que, a través da mediación dialóxica, sexa capaz de argumentar de forma coherente e lóxica. O alumnado, deste xeito, deberá integrar coherentemente as súas ideas e as súas crenzas, someténdoas á crítica e á visión doutras persoas para ser quen de alcanzar un pen

A través da UNESCO, a ONU alenta os seus estados membros a traballar na promoción, no fortalecemento e na extensión da filosofía en todos os niveis do ensino, porque a sociedade democrática, formada por unha pluralidade diversa de persoas e comunidades, proxectos e intereses, demanda un pensamento racional que axude a comprender o mundo complexo que nos rodea e proporcione instrumentos para edificar unha sociedade libre, igual e xusta. A UNESCO considera que a materia de Filosofía, o saber máis antigo de Europa, é a ferramenta adecuada que debe servir a este fin. A filosofía forma unha cidadanía reflexiva, lúcida, participativa, amante das institucións democráticas e con habilidades prácticas na resolución dos problemas específicos das sociedades democráticas avanzadas. A materia de Filosofía capacita o alumnado para o exercicio do pensamento crítico e independente, co que alcanzar unha mellor comprensión do mundo globalizado e de si mesmo/a. Grazas a esta materia, os alumnos e as alumas adquiren a aptitude de entretecer unha defensa racional e razoable da súa autonomía, da súa dignidade e dos seus dereitos nun contexto en vías de globalización. O pensamento filosófico achega os coñecementos teóricos e as destrezas prácticas para entender, analizar e propor solucións aos desafíos intelectuais e morais do século XXI. Asemade, a materia de Filosofía ofrece os fundamentos conceptuais dos principios e dos valores da paz e da seguridade mundiais: democracia, imperio da lei, dereitos humanos, tolerancia, xustiza, igualdade e liberdade (a UNESCO nomea a Filosofía como "Escola de liberdade" na súa estratexia internacional e no informe de 2007). Os métodos filosóficos achegan enfoques plurais e contrastados que permiten albiscar saídas aos problemas que afectan a convivencia humana. A aprendizaxe do tratamento racional e dialogado destes asuntos disipa o recurso á violencia e á guerra, e fomenta a paz e a seguridade global e local.

A materia de Valores Éticos ten como obxectivo básico orientar o alumnado adolescente na escolla do seu proxecto de vida persoal. A orientación de Valores Éticos permitirá que ese proxecto se vaia enchendo de xeito acorde coa racionalidade práctica. Isto supón que o proxecto, por racional, vai requirir virtudes intelectuais como o rigor, a coherencia, a honradez intelectual ou o apego á realidade. Pola dimensión práctica desa racionalidade, o proxecto requirirá que o alumnado vaia construíndo, desde a reflexión, un código ético de valores e normas que determinarán as súas decisións para guiar a súa conduta de tal xeito que realce a súa dignidade persoal e, ao mesmo tempo, permita a súa realización plena e feliz como persoas e a promoción de relacións sociais marcadas polo recoñecemento das outras persoas, o respecto cara a elas, e pola finalidade de alcanzar cotas cada vez maiores de xustiza, tanto no nivel máis próximo á persoa como no nivel global.


A materia de Valores Éticos ten como obxectivo básico orientar o alumnado adolescente na escolla do seu proxecto de vida persoal. A orientación de Valores Éticos permitirá que ese proxecto se vaia enchendo de xeito acorde coa racionalidade práctica. Isto supón que o proxecto, por racional, vai requirir virtudes intelectuais como o rigor, a coherencia, a honradez intelectual ou o apego á realidade. Pola dimensión práctica desa racionalidade, o proxecto requirirá que o alumnado vaia construíndo, desde a reflexión, un código ético de valores e normas que determinarán as súas decisións para guiar a súa conduta de tal xeito que realce a súa dignidade persoal e, ao mesmo tempo, permita a súa realización plena e feliz como persoas e a promoción de relacións sociais marcadas polo recoñecemento das outras persoas, o respecto cara a elas, e pola finalidade de alcanzar cotas cada vez maiores de xustiza, tanto no nivel máis próximo á persoa como no nivel global.