EXCURSION

 

04-03-2008

  •   CONCERTO “NA VIRADA”

  • MUSEO DO POBO GALEGO




ÍNDICE

INTRODUCION

NA VIRADA: “O concerto”

MUSEO DO POBO GALEGO

OPINIÓN

IMAXES

INTRODUCIÓN:

O martes 4 de marzo fixemos unha “excursión” e estivemos no Museo do Pobo Galego e escoitamos un concerto no Auditorio de Galicia dun grupo chamado “Na Virada” .

 

NA VIRADA:

Este grupo apareceu no ano 2001 como un grupo cultural para nenos pequenos no que participan músicos, cantores…

No ano 2006 publican o disco Solaina que é o seu 2º traballo en libro-disco cas ilustracións de Francisco Pérez Porto, producida pola editorial Kalandraka. Este grupo caracterízase polos textos de poetas galegos moi importantes, pola música popular galega e pola música lusófona.

 

Na Virada é un grupo de música popular galega, formado por seis artistas, catro músicos e dous bailaríns.

Os músicos: Mª Xosé López, Humberto Díaz, Patricia Cela e Xico de Cariño.

E os bailaríns: Xían Otero e María Cabaleiro. Os instrumentos tocados son: (esta pendente de poñer unha imaxe)

 

O CONCERTO:

Durante o concerto explicaron cousas sobre algúns instrumentos, como a zanfona, a gaita, zimbao (instrumento típico da Kapoeira). Explicaron porque é importante levar o ritmo nunha canción e fixeron un exemplo mandando ó público dar palmas o mesmo tempo que a canción. Tamén antigamente ó non haber gaitas utilizaban a pandeireta e as ganas de bailar e pasalo ben. Bailaban pegados, agarrados… Aínda que a igrexa isto non lle parecía moi ben.

 

MUSEO DO POBO GALEGO:

Ó rematar este concerto tan fermoso estivemos no Museo do Pobo Galego e no Museo de Arte Contemporánea. O noso grupo estivo no Museo do Pobo Galego.

Nel aprendimos diferentes obxetos e funcións que se realizaban en Galicia antigamente. E ó ver este museo coñecemos un pouco mellor a nosa cultura.

 

OPINIÓN DO GRUPO:

Este concerto foi moi interesante porque fixo aprender e coñecer a música popular que moitos aínda non se interesaron por coñecela. Estivo moi ben tamén , a mestura das explicacións sobre os instrumentos entre as cancións.

O museo tamén tiña cousas moi interesantes, que non tivemos outra ocasión de podelas coñecer. E aprendimos a diferencia entre a Galicia na que vivimos, cá Galicia de cando os nosos avós eran pequenos.

GLOSARIO DE IMAXES

(¡¡Estan pendentes de colgar!!)