Dicionarios, tradutores, correctores...
Dicionario de dicionarios: é unha ferramenta útil para buscar o significado dunha palabra enxebre nos dicionarios históricos. Digalego: o dicionario máis completo na rede. Dicionarios, vocabularios e glosarios terminolóxicos galegos: Para consultar léxico dos distintos campos científicos. Enciclopedia galega: para achegarse aos temas e dúbidas dos diferentes temas. Tradutores: O enlace co Servizo de Normalización Lingüístico da USC ofrécenos estes tradutores e fai unha valoración de cada un deles. Corrector: para corrixir textos en liña. Correctores: para instalar no ordenador. Na punta da lingua: web da profesora Rosa Salgueiro que dá acceso a case todo o material que circula na rede (lingua, literatura e lecturas) e que se pode usar nas aulas co alumnado. Prensa galega en internet: podes acceder á prensa galega. Servizo de Normalización Lingüística da USC: Páxina que dota de soporte técnico o proceso de normalización da lingua galega. Permite o acceso a correctores e tradutores de textos, dicionarios, resolución de dúbidas lingüísticas, etc. Instituto da Lingua Galega: Páxina do centro de investigación lingüística que inclúe Lexicografía, Xeografía lingüística e Dialectoloxía, Onomástica, Fonética, Gramática, Sociolingüística e Historia da lingua. Canalciencia/faladoiro: Presenta para o debate propostas de denominación de termos galegos que aínda non acadaron unha forma estable ou que se empregan de forma inadecuada. Cada número analiza conceptos dunha área de especialidade, e propóñense nomes galegos para eles. Os ususarios poden opinar sobre as propostas no foro de debate. Tamén ofrece ligazóns a dicionarios e bancos terminolóxicos. Centro Superior Bibliográfico de Galicia (CSBG): Recolle e controla a produción impresa ao tempo que organiza a documentación para a consulta pública. Consello da Cultura Galega: Para saber das novas das distintas facetas da cultura galega: libros, música, audiovisual, comics. http://remexernalingua.blogspot.com/: Páxina de recursos TICS de experiencias didácticas: a prensa... http://remexendonalingua.blogaliza.org: É a nova páxina de recursos didácticos dos TICS. http://ticblog.wordpress.com/recursos-tic-en-galego/: Recursos didáctico na rede.