2º ESO C Sarara morena

Tedes aquí a ligazón dun programa da TVG no que un grupo canta a cantiga Sara morena, que estamos preparando. O texto non é exactamente igual que o que temos nós. Xa sabedes que isto é característico da música tradicional. Para que non haxa confusións, colócovos aquí a letra da nosa versión. Aclarede a gorxa e a practicar!

https://youtu.be/ikCLecBgkOA

Ai, Sara morena

Ía pra feira de Ourense e esquecéuseme a guillada
Ai Sararara morena, ai Sararara malvada.

Peguei unha revirivolta ie volvín pola guillada
Ai Sararara morena, ai Sararara malvada.

-Ábreme a porta Sariña, que veño pola guillada
Ai Sararara morena, ai Sararara malvada.

-A porta non cha podo abrir, que estou facendo a colada
Ai Sararara morena, ai Sararara malvada.

Peguei unha revirivolta ie sobín pola ventana
Ai Sararara morena, ai Sararara malvada.

-Quen é ese gato negro que tes debaixo da cama?
-É o gato da nosa comadre que vén onda a nosa gata.
-Se é o gato da nosa comadre, que vén onda a nosa gata,
o gato da túa comadre gasta sombreiro e sotana.