Novidades mes de novembro

Se con anterioridade presentabamos varias novidades bibliográficas incorporadas relacionadas coa Arte, agora imos referirnos á Historia. Porque en novembro a biblioteca incorpora á súa colección varias monografías desta temática, ás que tamén debemos sumar unha interesante obra de antropoloxía cultural e social e outra de socioloxía.

Historia mínima de Galicia / Justo Beramendi

Turner, 2016

Cuberta Moitas preguntas e as súas respostas: Por que en Galicia se conservan poucos restos arqueolóxicos?, chegaron os musulmáns a invadir Galicia?, en que época empezaron as peregrinacións a Compostela?, por que se produciron as Guerras Irmandiñas?, cando empezou a valorarse o uso do galego?, cando chegou o millo a Galicia e que repercusións tivo o seu cultivo?, por que o carlismo nunca arraigou en Galicia?, cales foron as empresas máis importantes na súa industrialización?, que importancia tiveron as Casas de Galicia en América Latina?, como e cando se aprobou o primeiro estatuto de autonomía?, por que é Galicia un pobo de emigrantes?,  hai hoxe un sentimento independentista maioritario en Galicia?...
Se che interesa, tamén temos, da mesma colección: Historia mínima de España, Historia mínima de Cataluña

Materias: 1. Galicia-Historia

Dispoñible na sección de Ciencias sociais: CS-94 / BER / his

1936 : fraude y violencia en las elecciones del Frente Popular / Manuel Álvarez Tardío y Roberto Villa García

Martínez Roca, 2014

Cuberta

Un libro que demostra a fraude que permitiu a vitoria da Fronte Popular nas eleccións de 1936. Manuel Álvarez Tardío e Roberto Vila García, dous historiadores españois da Universidade Rey Juan Carlos, son os autores dun libro que cambiará a nosa perspectiva das eleccións de febreiro de 1936, que deron a vitoria á fronte Popular, describindo e demostrando a existencia de fraude electoral e o ambiente de extrema violencia que imperou nos meses anteriores e posteriores.
Un libro que causará polémica e debates acesos.

Materias: 1. España-Historia-1931-1939, II República. 2. Eleccións-1931-1939-España

Dispoñible na sección de Ciencias sociais: CS-324 / ÁLV / 1936

Diccionario visual de términos de arte / VV.AA.

Cátedra, 2015

Cuberta A arte é un termo de múltiples facetas. A presente obra abarca algúns dos seus aspectos máis básicos e im­portantes. Aínda que os vocábulos fan referencia ás diferentes disciplinas, o pre­dominio da pintura e a escultura non é casual. Con respecto á ar­quitectura, recóllense os principais elementos relacionados coa arte cunha visión nova, máis esquemática, á vez que se inclúen novos termos. Xunto aos aspectos esenciais relacionados coa pintura, a escultura ou a arqui­tectura aparecen tratadas outras disciplinas como a olaría, a cerámica, a heráldi­ca, a glíptica, a ourivaría, a ebanistería, a eboraria, o gravado, etc.

Materia: 1. Arte-Dicionarios

Dispoñible na sección de Obras de Consulta: (038)/ PLA / dic

1936, o estatuto esquecido / VV.AA.

Guiverny, D.L. 2016

Cuberta

1936: As eleccións do "Frente Popular" abriron de par en par as fiestras dos soños republicanos. Boa parte deses soños en Galicia durmiñaban no berce do Estatuto. As eleccións do 28 de xuño foron as máis importante e maior manifestación electoral da historia de Galicia.
Pero non puido ser. A dereita española non imaxinaba vivir sen privilexios, aquel exército de salvapatrias tiña no ADN a tradición dos pronunciamentos e unha Igrexa belixerante, asustada ante a vaga de laicismo, acabaría bendicindo aquela guerra incivil que bautizaría, sen rubor, como "Cruzada".

Materias: 1. Galicia. Estatuto de Autonomía, 1936. 2. Galicia-Historia-1931-1939 (2ª República)

Dispoñible na sección de Ciencias sociais: CS-342 /1936

Diccionario de termos de arqueoloxía e prehistoria / autores, Ana Romero Masiá, Felipe Arias Vilas

Ir Indo, D.L. 1995

Cuberta Outro dos Diccionarios de Ir Indo fóra do común. Especialmente enfocado para o mundo académico, aínda que cunha sinxeleza de uso que o pon ó alcance dos amantes do arte e a arqueoloxía, este diccionario recolle o léxico común da arqueoloxía e prehistoria, en língua galega, e con definicioónz, debuxos e esquemas adaptados para unha sinxela comprensión do seu corpo.

Materias: 1. Prehistoria-Dicionarios. 2. Arqueoloxía-Dicionarios

Dispoñible na sección de Ciencias sociais: CS-902 / ROM / dic

Mitos, crenzas e costumes da Raia Seca / José Rodríguez Cruz, António Lourenço Fontes

Ir Indo, D.L. 2004

Cuberta Esta obra achega ao lector unha parte importante da antropoloxía cultural ligada a un espazo tan especial como é o da “raia” fronteiriza que delimita o territorio sur de Galicia e o portugués de Trás-Os-Montes. Os autores, que teñen investigado noutros campos da etnografía nas terras “raiotas” de Barroso e das Frieiras, dan a coñecer neste estudo toda esa cultura ligada aos mitos, ás crenzas, ás celebracións relixiosas, aos animais, ás supersticións, etc., que os habitantes raianos conservaron e compartiron desde tempos inmemoriais. Entre outros, son estes uns dos valores que os identifica e distingue como pobo que habita en terras tan singulares, xebradoras tempo atrás, pero tamén cerna de realidades de axuda, unión e confraternidade.

Materias: 1. Antropoloxía cultural e social-Portugal septentrional. 2. Antropoloxía cultural e social-Ourense (Provincia)

Dispoñible na sección de Ciencias sociais: CS-39 / ROD / mit