A colección de catálogos dos "Encontros coa Arte" incorpóranse aos fondos da biblioteca escolar

A biblioteca escolar “Roberto Vidal Bolaño” do IES de Brión incorpora ao seu fondo bibliográfico a serie completa de catálogos dos “Encontros coa Arte” pertencentes ás coñecidas xornadas de difusión e promoción das Belas Artes organizadas dende 2006 polo Concello de Brión a través da súa Casa da Cultura.

Os exemplares, que xa se poden consultar na sección de Educación Plástica da biblioteca escolar, forman parte dun lote bibliográfico máis amplo doado  ao instituto pola Casa da Cultura do Concello de Brión, no que tamén destacan algún dos últimos catálogos das mostras máis significativas celebradas na Sala Municipal de Exposicións.

Deste xeito, os catálogos dos “Encontros coa Arte” atópanse accesibles para toda a comunidade educativa do Instituto a través da súa biblioteca escolar, tanto para consulta en sala como para préstamo a domicilio (neste último caso, só usuarios socios da biblioteca escolar).

Consulta a colección no catálogo da biblioteca.