O IES DE BRIÓN PRESENTE EN PITEAS

Os departamentos de Tecnoloxía e Debuxo do IES de Brión foron invitados a participar na xornada de presentación de boas prácticas educativas incluída no Programa de Formación e Mentoring para o Desenvolvemento do Talento, PITEAS, promovido pola Fundación Barrié, a Consellería de Cultura, Educación e O. U. e a Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela.

Os alumnos Lois Meira e Christian Capeáns foron os encargados de presentar o pasado sábado 21 de maio na sede da Fundación Barrié na cidade de Vigo, unha serie de proxectos tecnolóxicos interdisciplinares realizados estes dous últimos anos nas materias que imparten estes departamentos, e que este curso se organizan en torno ao Contrato-programa de mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia asinado polo centro coa Consellería de Cultura, Educación e O. U.

Ver a presentación