Start: 03/12/2013 08:35
End: 03/12/2013 17:30
Os departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía organizan a visita ao parque eólico experimental de Sotavento para o alumnado de 3º de ESO o vindeiro martes, 3 de decembro do 2013. O parque eólico da a coñecer as enerxías renovables, contando con:
|
-
Maquetas e equipos enerxéticos: pila de combustible, enerxía eólica, hidráulica, solar, aforro e eficiencia enerxética.
-
Instalacións reais: enerxía eólica, solar térmica e fotovoltaica.
-
Paneis explicativos: todas as enerxías renovables, aforro e eficiencia.
-
Vivenda bioclimática: Proxecto Cooperativo Científico Tecnolóxico, Singular e de Carácter estratéxico de Demostración da viabilidade Técnica e Económica do uso Eficiente da Enerxía na Edificación ENVITE.
|
![](http://www.sotaventogalicia.com/recursos/custom/area_divulgativa/proxecto_divulgativo/proxecto_divulgativo/gal/imaxes/imaxe_001.png) |
|