Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Outubro 29, 2013
Start: 29/10/2013 12:25
End: 29/10/2013 18:00

A Biblioteca organiza  a visita á Biblioteca América e á Concepción Arenal en Santiago para o alumnado de Cultura Clásica e Latín de 4º de ESO

Luns Novembro 11, 2013
Start: 11/11/2013 12:25
End: 11/11/2013 13:35
O departamento de Orientación e Vicedirección organizan a asistencia á obra de teatro "Smoke City"  da compañía Malasombra, que terá lugar no Centro Social Polivalente de Brión o 11 de novembro a 5ª e 6ª horas, para o alumnado de 1º e 2º de ESO
Martes Novembro 12, 2013
Start: 12/11/2013 12:30
End: 12/11/2013 13:30

Os departamentos de Física e Química e Matemáticas organizan para o alumnado de 3º de ESO, 4º de ESO e 2º de Bacharelato de Física e Química a Videoconferencia con Jorge Mira Pérez, programada pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística co gallo da celebración do IV Día da Ciencia e a Tecnoloxía en Galego.


A videoconferencia leva por título: "Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol".

Jorge Mira é Doutor en Física e Catedrático da Área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela e divulgador científico en diversos medios de comunicación (TVG, Radio Galega, La Voz de Galicia).

 

Distribuir contido