Os departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía organizaron para o alumnado de 3º e 4º de ESO a Charla do divulgador científico Xurxo Mariño que leva por título " Radiación de teléfonos móbiles e saúde", o 9 de Abril.
Na conferencia introdúcese ao alumnado sobre as catro forzas fundamentais do universo, a electromagnética, a gravidade e as forzas nucleares, forte e débil, centrándose sobre todo en como nos afectan aos seres vivos. Tamén se explicou a diferencia entre radiación ionizante e non ionizante e como a radiación dos móbiles pertence ao segundo grupo, para continuar aportándonos o coñecemento contrastado que na actualidade temos sobre os efectos das radiacións dos móbiles sobre a saúde.
Para máis información sobre a conferencia entra no Blog de Ciencia Contemporánea e blog de Tecnoloxía do IES de Brión.
|