Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
19
| 20
Start: 20/01/2009 16:15
End: 20/01/2009 17:30
O departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES de Brión organiza a charla do xeólogo Francisco Anguita para o alumnado de 1º de Bacharelato e de Bioloxía de 4º da ESO na Sala de usos múltiples do instituto. O martes día 20 de Xaneiro o IES de Brión contará coa presenza do xeólogo Francisco Anguita que se dirixirá a alumnado de Bacharelato e de 4º ESO. Ás 16:15 h vai ter lugar unha charla que leva por título: “Del Big Bang al cambio climático; ¿que hacen ahora los científicos”. Francisco Anguita foi profesor da Universidade Complutense de Madrid durante moitos anos, así como profesor invitado en Universidades como a de Zaragoza e outras en México e Arxentina. Experto en Vulcanoloxía, Historia da Terra e Xeoloxía Planetaria. Interesado tamén na docencia; fundou a AEPECT (Asociación Española Para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) que conta con máis de 1000 socios en España, Portugal e Latinoamérica. Ten numerosos libros publicados entre os que destacaremos: “Biografía de la Tierra”, “Historia de Marte: mito, exploración y futuro” e “Crónicas del Sistema Solar” que son de carácter divulgativo, ademais de outros que son verdadeiros tratados científicos; tamén publicou numerosos artigos de investigación e participou en expedicións naturalistas. Máis información: http://mas-alla-de-somosaguas.blogspot.com/2008/10/divulgadores-excepcionales-francisco.html http://www.enciga.org/congreso/2004/curriculum_vitae_Anguita_Virella_Francisco.pdf http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/publico/entrevista_anguita.htm | 21
| 22
| 23
| 24
| 25
|