Evitar navegación.
Principal

ALUMNADO CON A MATERIA SUSPENSA.

O alumnado con a materia suspensa, aprobará se supera os contidos e as probas de cada avaliación do curso no que está matriculado. O profesor da materia do curso presente, será o encargado de facer o seguimento do traballo realizado. Se o alumnado non superou as probas terá a obriga de se presentar as probas extraordinarias para aprobar o que ten pendente. .

O alumnado que vaia aprobando no curso no que está matriculado e opte por non presentarse a ditas probas extraordinarias de pendentes cualificaráselles cun cinco, no caso depreséntarse e sacar máis nota, cualificaráselles coa nota obtida.

No caso de non ir aprobando os contidos progresivos da materia do curso por avaliacións, ten a obriga de presentarse as probas extraordinaria que marque a lexislación vixente.

Contidos e os criterios de avaliación :

  1. Os contidos e criterios de avaliaciónestán na programación didáctica que está depositada na Xefatura de estudos e na páxina web do centro.

  2. Toda a información para aprobar a materia , o calendario e as probas están colgada na páxina web. O alumnado terá a obriga de consultala. r3rhueeeemmmmmmmmmmmmlr3rhu

  3. Para calquera dúbida poden poñerse en contacto con o profesor ou pofesora de referencia en horario de atención ao alumno/a ou, solicitar unha reunión coa xefa de departamento da materia que neste curso é Montserrat Ramos Alar.

O profesor de referencia do seu fillo/a para o seguimento da materia pendente de Educacion Física será o mesmo que lle dá clase no curso actual, el poderá dirixirse e el/a para consultar calquera dúbida.

É importante salientar que, independentemente dos avisos referentes a probas, entrega de traballos… que cada departamento faga aos alumnos pendentes ou páxina web, estes deberán mirar sempre no taboleiro de anuncios habilitado para tal fin ou a páxina web, posto que é aí onde se centralizará e actualizará toda a información e, se fose necesario por algún motivo, os cambios de horas ou datas necesarios.