Evitar navegación.
Principal

ÚLTIMOS EXAMES DE 3º DE DIVERSIFICACIÓN

Lembrade que o cinco de decembro faremos o último parcial desta avaliación. Nel, entrará, da segunda lección, a poboación, os artigos, demostrativos..., as palabras simples, derivadas..., e os repasos de lingua.


Lembrade, tamén, que a recuperación desta primeira avaliación será o luns doce de decembro. A recuperación terá tres partes: lingua, literatura e sociais; cadaquén fará a parte que lle corresponda, se é, claro está, que ten unha desas partes suspensa.


E xa para rematar, algún de vós inda non me entregou o resumo do libro que leu nesta avaliación; non esquezades entregarmo antes do día doce!