Evitar navegación.
Principal

Lipdup???

Nesta primeira entrada do blog gustaríame compartir un traballo que fixeron uns compañeiros/as nosos.

O que quero que vexades é un lipdup, pero... que é iso de lipdup?

Lipdub ou lip dub (do inglés "dobraxe de beizos") é unha realización dun vídeo musical realizado por un grupo de persoas que sincroniza os seus beizos, xestos e movementos cunha canción popular ou calquera outra fonte musical. Adóitase realizar nunha soa toma (plano secuencia), na que os participantes fan playback mentres soa a música nun reprodutor móbil, sen importar a calidade do son da toma porque é na edición posterior cando se incorpora a canción como banda sonora. O feito de que se trate dun plano secuencia fai moi sinxelo o proceso. Con estes vídeos, os seus autores, amáis de realizaren de xeito colectivo unha experiencia creativa, moi divertida e sen complicacións técnicas, adoitan tratar de mostrar o bo ambiente nunha institución determinada: universidade, empresa, etc. (Galipedia)

Deixo de escribir para ensinaros o Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.

É o mesmo vído aloxado en duas páxinas distintas, Espero que vos guste ;-)

 

Si queredes a letra da canción aquí a tedes a modo karaoke