Evitar navegación.
Principal

PARCIAL DE 3º B E DE 3º C

Lémbrovos, a vós tamén, que o luns catorce de novembro, faremos o primeiro parcial.


 Nel, entran a primeira e a segunda lección. Guiádevos pola libreta; nela tedes indicado o que tedes que estudar por aquí e o que tedes que estudar polo libro.


Preparade ben este parcial porque se o aprobades, tedes resolta, xa, boa parte da avaliación.


Lémbrovos, tamén, que o exame terá dúas partes, unha de lingua e outra de literatura, con notas independentes.


Non o deixedes para o último día, que non vos dará tempo a preparalo!