1.3.2. Lectura de imaxes

Para ler unha imaxe, segue os seguintes pasos:

LECTURA IMAXES

Exemplo de lectura de imaxe  (Baseado en SÁNCHEZ, ESTREMERA, OLIVA E DELGADO: Como investigar. Lectura Crítica. Guía de uso para alumnado de 3º ESO, en http://issuu.com/bibliocanada/docs/investigacion3eso201516)

OSO POLAR

O contexto no que está publicada é un contexto de aumento da preocupación polo cambio climático, que afecta especialmente aos polos, provocando o desxeo e poñendo perigo o hábitat de moitas especies, entre elas, os osos polares.

Na foto vese un oso polar de pelo branquísimo, subido a un pequeno illote de xeo, rodeado de auga. A posición do animal é difícil e parece temeroso. Reflicte unha situación real (circunstancial), e quere chamar a atención sobre o deterioro do medio ambiente, por iso utiliza unha imaxe con carga dramática.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0