1.1.1. Modos de representar a información

A información que atopamos nas diferentes fontes de información preséntase con diferentes linguaxes, en diferentes formatos e cunha intención comunicativa concreta.

Así falamos de xéneros textuais ou obxectos textuais, para referirnos a situacións concretas de comunicación; normalmente é aquilo ao que nos referimos en primeiro lugar para nomear ao obxecto textual: unha receita, unhas instrucións, un informe, unha novela, unha carta, un tema dunha materia…

Os xéneros textuais son as distintas formas de expresión que temos á nosa disposición e que presentan unhas características estruturais e lingüísticas determinadas. Por iso, a identificación do xénero textual axúdanos a ler o texto, porque nos anticipan os contidos, nos axudan a recoñecer a función do texto dentro do ámbito social no que se usa e nos guía durante a análise do artefacto textual.

Así, preguntas como quen emite o documento, quen o firma, para que o emite… axudarán a descifrar e interpretar o texto.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0