1.6. Avaliación

Na nosa proposta, a avaliación refírese tanto a avaliación do traballo en equipo como a avaliación do proceso de investigación, non do contido que se investiga, senón do proceso que se segue.

Na Unidade 0 xa describimos como se avaliaba o traballo en equipo, tanto en a nivel de grupo como a nivel individual, así como a nivel de grupo-clase. 

Para a cualificación individual de cada alumno teranse en conta 3 aspectos:

  1. A avaliación do traballo en equipo a nivel individual
  2. A avaliación do traballo en equipo a nivel de grupo
  3. A avaliación do traballo no proceso de investigación

 

Na gráfica seguinte, móstrase como se integran os 3 elementos na cualificación trimestral ou final, a través dunha media ponderada  (é obvio que a ponderación de cada un dos elementos decídea cada profesor/a).

AVALIACION

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0