1.4. Planificación do traballo

A planificación do proxecto de investigación pasa por:

  • Determinar que quere o equipo pescudar sobre o subtema que lles tocou ou escolleu; traducirá, coa axuda do profesor, eses aspectos en obxectivos que se recollerán no Plan de Equipo; hai que ter en conta que, en todo Plan de Equipo, recolleranse sempre obxectivos relativos ao propio traballo en equipo (ámbito de actuación C), ademais, dos obxectivos relativos ao propio obxecto de investigación.
  • Elaborar un Plan de Equipo: Cada equipo establece o seu Plan de Equipo, unha previsión do que se propoñen conseguir durante o período de vixencia do Plan. No Plan de Equipo e nas sucesivas revisións, incluiremos aspectos tanto do traballo en equipo como do traballo sobre a investigación, e sempre se recollerán propostas de mellora, tanto a nivel individual como de grupo. 

Das revisións do Plan de Equipo e das propostas de mellora poden saír plans de traballo a nivel individual para un período concreto, que axudarán a un alumno/a concreto/a a mellorar algún aspecto da aprendizaxe do traballo en equipo ou do proceso de investigación.

  • Determinar os prazos para levar a cabo a investigación.

 

Todos estes aspectos da planificación quedarán recollidos no Plan de Equipo, segundo o modelo recollido abaixo.  Este Plan de Equipo será arquivado no seu Caderno de Equipo.

PLAN DE EQUIPO

E cando se fagan as evaluacións parciais do traballo, quedarán recollidas nas correspondentes Revisións de Plan de Equipo:

REVISION PLAN DE EQUIPO

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0