1.2. Organización dos equipos

Na Unidade 0 xa indicamos como formar grupos cooperativos, equipos de agora en diante, como cohesionalos e como estruturar actividades para que fosen cooperativas.  Agora, imos dar un paso máis, para introducirnos no ámbito de actuación C, do Programa Cooperar para Aprender / Aprender a Cooperar, a través da técnica cooperativa grupos de investigación.

Para poder poñela en práctica necesitamos ensinar explícita e sistematicamente aos grupos a traballar en equipo. Para iso, seguiremos os seguintes pasos, recollendo a proposta de Pujolás (2003):

A. Cargos e funcións no equipo

Unha vez constituídos os equipos, debemos distribuír as funcións que cada membro do equipo vai desempeñar, para que este funcione cooperativamente.  Os cargos básicos dun equipo de aprendizaxe cooperativa son os seguintes: coordinador/a, secretario/a, responsable do material e voceiro; si o equipo é de 5 membros, nomearase tamén o cargo de axudante.

CARGOS

  • Estas tarefas deben se coñecidas e entendidas claramente polos equipos

  • Os cargos serán rotatorios, cambiando cada trimestre ou cando o profesorado o considere, de xeito que todos pasen por todos os cargos.

  • Os membros do equipo deben entender que desempeñar correctamente un cargo e exercer as responsabilidades que leva é moi importante para o bo funcionamento do equipo.  Por iso, os membros dun mesmo equipo deben esixirse mutuamente exercer con responsabilidade as funcións propias do seu cargo.

  • Periodicamente, revísanse as tarefas de cada cargo e engádense ou quítanse as que se consideren oportunas.

Para establecer por 1ª vez os cargos no equipo, seguirase a actividade "Elección de cargos" do grupo de actividades "Organización dos equipos" e que se realizará a través da páxina principal da  Aula Virtual .

B. O nome e o logotipo do equipo

É unha das primeiras decisións que os membros do equipo deben tomar: o nome e o logotipo do equipo, isto fomentará a cohesión  do grupo e o sentido de pertenza ao mesmo en torno a dous elementos identitarios.

Para decidir o nome e o logotipo seguirase a actividade "Elección de nome e logotipo"  do grupo de actividades "Organización dos equipos" e que se realizará a través da páxina principal da Aula Virtual .

C. O caderno de equipo

 Trátase dunha ferramenta didáctica de grande utilidade para axudar aos equipos a autoorganizarse cada vez mellor.  Pode ser unha carpeta de anillas na que se poden ir engadindo follas, onde constarán os seguintes aspectos:

CADERNO

D. As normas de equipo

Para establecer e revisar as normas para traballar en equipo e para cada equipo, seguiremos a actividade da Aula Virtual.  Debemos lembrar que inicialmente estableceremos unhas normas básicas para empezar a traballar en equipo, poucas.  Cada vez que xurda un conflito, un incidente no equipo procederemos segundo o sinalado na Unidade 0 para a autorregulación dos equipos.  De todas formas, sempre que se faga unha revisión do Plan de Equipo (ver apartado seguinte), recolleremos as novas normas que incluímos.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0