1 Documentos básicos
Cando buscamos información na Biblioteca, na rede,…, temos a tentación de utilizar e/ou copiar información que nos parece útil dun libro, dunha revista, dunha páxina web. Pero temos que saber que esa información foi elaborada por alguén, o seu autor ou autores. Dende o momento en que alguén escribe, pinta, debuxa, compón,… algo, esa creación está protexida polos dereitos de autor. Polo que, cando utilizamos esa información elaborada por outra persoa, debemos respectar a súa autoría, non podemos facer como si o fixeramos nós, porque se non estaríamos a facer plaxio, que é un delito.
Por outra banda, todos nós somos creadores de contidos. É necesario que coñezamos que dereitos temos como autores, como exercelos, pero sen deixar de compartir o que facemos.