1.3.Citas e referencias bibliográficas
Como xa dixemos, os dereitos morais dun autor sobre a súa obra non caducan nunca, polo que debemos mencionar sempre o autor dunha frase, dun parágrafo, dunha canción, dun poema, dunha fotografía, dunha imaxe...
Cando se realiza un traballo de investigación e atopamos frases, parágrafos, imaxes de autores que son necesarios para incluír no noso traballo, debemos citalos; é decir, debemos indicar o autor desa frase ou parágrafo, do contrario, estaríamos incorrendo nun delito de plaxio. Pero ás veces, non necesitamos utilizar literalmente o que di outro, senón que nos quedamos coa idea e a poñemos coas nosas propias palabras; entón, deberemos recoller no apartado final do traballo, denominado bibliografía, os autores, revistas, documentos ou páxinas web de onde sacamos as ideas; e o que se denominan fontes.