1. Documentos básicos

Internet é un instrumento de indudable valor para buscar información, pero tamén para xerala e compartila.  Xa non só facemos uso da rede, “vendo o que hai nela”, senón que a súa utilización para o ocio e para a comunicación irrumpiron con forza e dun xeito imparable.  Podemos dicir, por tanto, que internet é unha biblioteca universal, unha ferramenta de comunicacións e un espacio para o ocio.

Pero xunto coas vantaxes que este instrumento nos trae, tamén aparecen novos retos ante posibles riscos e perigos: roubo de datos persoais, ciberacoso,... Polo que é preciso dar a coñecer os dereitos que temos como usuarios, as normas de comportamento na rede e os riscos que corremos.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0