1.2. Redes sociais. Uso ético e responsable da Web 2.0

Falar da web 2.0 supón falar da web interactiva, da web da comunicación. A segunda xeración da tecnoloxía web está baseada nas comunidades de usuarios que fomentan a colaboración e o intercambio áxil de información dentro dunha rede social de usuarios.  Preséntase un xeito mais aberto e participativo de entender a web, un plantexamento que nos conduce a novas actitudes e conductas e, en definitiva, cara unha nova forma de vivir e relacionarse. 

Si os riscos da sociedade da información (web 1.0) eran importantes, agora da man das redes sociais teñen aumentado exponencialmente.  Como sinala o Informe do Defensor do Pobo de Galicia (2011), Adolescentes e internet en Galicia, os adolescentes do noso contorno véñense incorporando ás redes sociais dun xeito masivo, pero este proceso está plagado de ameazas para a privacidade dos menores. 

“O abuso destas redes fai que os menores desenvolvan nelas gran parte da súa vida e que as mesmas perfilen as súas personalidades. Idealizan ese contorno, que o ven como o habitual para relacionarse, facer amigos ou emocionarse.  Pero, ao mesmo tempo, rompe vínculos e amizades, sofren acosos e agresións que son incapaces de asimilar”.  (DEFENSOR DO POBO, 2011, p.14)

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0