1.1.3. Virus e fraudes

Os virus e fraudes en internet son un risco para todos os usuarios, tanto os que buscan información, como os que fan uso de xogos ou os que usan a rede para comunicarse. 

Na actualidade existen virus para todas as plataformas e dispositivos, polo que calquer aparato conectado á rede é susceptible de ser infectado, con independencia da plataforma (Apple, Windows, Linux) ou do dispositivo (ordenador, tableta ou teléfono móbil). 

Ningún usuario está libre de verse infectado.  Aínda facendo uso do sentido común e evitando navegar por páxinas de dubidosa reputación, calquera pode verse involucrado nunha infección procedente dunha fonte confiable ou dunha web lexítima e segura.  

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0