1. Documentación
“Nos centros escolares, como en calquera outra institución onde o estudio e a formación teñen un papel protagonista, a biblioteca foi e é un espazo imprescindible (…) A comunidade educativa, cos equipos directivos á cabeza, precisa asumir un modelo de biblioteca entendida como espazo de aprendizaxe no que o profesorado e o seu alumnado se comprometan coa lectura en diversos soportes, con diferentes graos de complexidade, para construír coñecementos dos temas curriculares, do mundo e deles mesmos” (Bernal, Macías e Novoa, coord., 2011, pp.7-8)