1.3.3. Consulta de publicacións periódicas

→ Como se consulta un xornal 

Un periódico diario conten un montón de noticias, reportaxes, crónicas,... Para facilitar a súa lectura e consulta, todos estes contidos aparecen ordenados en seccións, como si fosen os capítulos dun libro.  Polo tanto, unha sección é cada unha das áreas ou apartados en que está distribuida a información dun periódico.  O conxunto de noticias dunha sección garda entre sí unha relación ou homoxeneidade temática ou xeográfica.  As seccións facilitan a localización das noticias dentro do periódico.

Hai dous tipos básicos de seccións:

  • As que teñen que ver co territorio, onde se produce a noticia; así, atopamos as seccións de nacional, internacional, local,...
  • As que teñen que ver co tema da noticia; así, atopamos as seccións de cultura, política, sociedade, tecnoloxía,...

Os periódicos utilizan unha combinación dos dous tipos de seccións, así atopamos unha noticia cultural na sección de nacional.

O nome de cada sección aparece na parte superior das páxinas que a integran; a primeira páxina de cada sección adoita levar unha cabeceira de maior tamaño.

Outro apartado importante nun periódico e que non se considera propiamente unha sección, é servizos, onde se recolle información de utilidade para o lector: carteleira, programación de radio e televisión, anuncios, tempo metereolóxico, farmacias de garda, horarios de trens, buses,...

 

 Portada: é a primeira páxina do periódico e serve de resume do contidos que se desenvolven no interior.  Cada periódico ten unha estrutura estable na súa portada. Pero en todos podemos atopar os seguintes elementos na súa portada:

PORTADA XORNAL
Portada dun xornal

+ Cabeceira: a cabeceira é a identificación do xornal.  Contén o nome do periódico, a data do día en que se publica ese ejemplar, o logotipo, o lema ou frase que define o periódico, datos da empresa editora, anos que leva publicándose o periódico, o número de exemplar, o custo do mesmo.

+ Noticia principal:  é a noticia que ese periódico quere destacar nese día. Adoita sitúarse na parte superior esquerda da primeira páxina; ocupa normalmente de dúas a cinco columnas e vai acompañada dunha fotografía ou gráfico.

+ Fotografía de portada: é a fotografía mais grande da primeira páxina e pode estar ou non relacionada coa noticia principal.  As fotografías levan un pé de foto e que a explica

+ Outras dúas ou tres noticias importantes, algunha con fotografía.  Algunha destas noticias pode ir metida nun recadro.  Falamos entón dunha ventana: noticia enmarcada formada polo titular, un pequeno texo e, ás veces, unha imaxe.  Adoita estar situada na parte superior da portada.

+ Sumario:  recolle un avance ou síntese dalgunhas informacións e artigos que se atopan no interior do xornal. Nalgúns periódicos, no lugar de sumario, aparece un índice de seccións.

+ Ratapláns:  son chamadas ou remisións en portada a unha información que se desenvolve no interior.  Algúns xornais sitúan un ou dous ratapláns, na cabeceira, a ambos lados do rótulo.

+ Na portada tamén atopamos publicidade.  Adoita colocarse case sempre na parte inferior.

 

A cabeceira e a información da portada compleméntanse e resáltanse por medio de elementos tipográficos e de deseño entre os que destacan: o uso de grandes titulares, a utilización da cor, a separación de noticias por medio dun corondel  (líña fina vertical que separa as columnas), unha pleca  (líña fina horizontal que separa os titulares de varias informacións) ou un filete (líña negra horizontal, mais grosa que a pleca), utilización de recadros…

→A contraportada é a última páxina do xornal e serve como contrapunto da primeira.  O seu obxectivo é complementar; inclúe elementos que teñen que ver coa información, a opinión e a publicidade.  Pode recoller unha reportaxe, unha entrevista ou unha columna.  O seu estilo adoita ser mais lixeiro, humorístico e irónico.

CONTRAPORTADA XORNAL
Contraportada dun xornal

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0