1.2.2. Tipos de documentos informativos segundo o soporte

DOCUMENTOS SEGUNDO SOPORTE

+ Os documentos impresos utilizan o papel como soporte físico: libros, revistas, carteis, periódicos, carteis, folletos,…

+ Os documentos de audio utilizan un soporte electrónico ou dixital.  Son os CD ou os discos compactos.

+ Os documentos audiovisuais utilizan un soporte electrónico ou dixital. Os vídeos e os DVD

+ Os documentos multimedia utilizan un soporte electrónico ou dixital.  Os CD-ROM

+ Os documentos web utilizan un soporte electrónico ou dixital e están dispoñibles en Internet. Son os documentos electrónicos en liña.

A) Documentos informativos físicos

 a) Obras de consulta e referencia. 

OBRAS DE CONSULTA

  • Os dicionarios: Proporcionan información concreta sobre o significado das palabras ou ben traducen palabras dun idioma a outro.
  • As enciclopedias: é un tipo de dicionario, no que ademais das definicións das palabras, se recolle información sobre lugares, datas, persoaxes... A súa información envellece rapidamente polo que se publican uns suplementos anuais con nova información.
  • Atlas: Proporcionan información preferentemente gráfica que pode completar a información doutras fontes. Permiten localizar puntos xeográficos concretos.
  • Directorios:  Son listas nas que figuran persoas ou entidades con información sobre elas.
  • Guías: Proporcionan breves explicacións referentes a unha materia.
  • Estatísticas: Proporcionan datos cuantitativos de poboación, recursos naturais ou calquera manifestación da sociedade.

b) Monografías: Ofrecen información extensa e desenvolven un único tema específico. Xeralmente publícanse en soporte papel.

 c) Publicacións periódicas: Ofrecen información máis actualizada que as monografías. Publícanse tanto en soporte papel como electrónico en Internet.

 

B) Documentos Informativos Electrónicos

 a) CD-ROM  (Compact Disk Only Read Memory)

É un disco que contén información de todo tipo: imaxes, texto, debuxos, sons,...

Trae os seus datos de identificación nunha carátula ilustrada; os datos poden ser: título, autor, director, editorial, contido, requisitos técnicos, instruccións para a súa instalación...

 b) Os documentos virtuais

As biblioteca de hoxendía, facilitan o acceso a documentos virtuais, como fonte de información. Internet é unha rede de redes conectadas que permite acceder á información que conteñen, sempre que esta información sexa de libre de acceso.

 →Características da información que hai en Internet:

  • A información multiplícase de maneira exponencial e en diferentes formatos
  • A información non é permanente
  • A información non está organizada
  • A maior parte da información non pasa un proceso de revisión
  • Hai que valorar o grao de credibilidade das fontes de información

 

 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 4.0