1.1. Aproximación á Biblioteca Escolar
A Biblioteca Escolar é un centro de recursos de lectura, información e aprendizaxe, integrado na institución escolar; un espazo físico e virtual de acceso ao coñecemento e á cultura.
Na BE atoparemos tanto obras de ficción como fontes documentais, fontes de información; en diferentes soportes, impresos, dixitais e virtuais.