Sincronización

Sincronización

A sincronización vai ser uhna parte importante das animacións. Por sincronización entendese a ocurrencia de dous (ou máis) efectos o mesmo tempo ou cada un deles nun orde sucesivo, un primeiro, despois o seguinte ..

Vai ser importante na animación porque se hai diálogos para que teñan sentido as frases de cada personaxe teñen que ir unha despois da outra. Tamén cando aparecen que personaxes ou segundo en que escea se este é necesario un fonso o outro...

Para sincronizar estas partes da animación temos diferentes comandos en scratch que nos poden servir como:

agardar Este comando usámolo cando coñecemos o tempo que ten que pasar entre un evento e outro. Por exemplo se estas nun diálogo e usas a orde dicir para unha personaxe sabes que o outro ten que agardar dous segundos ata que o primeiro acabe de "falar". agardar ata Neste caso con esta orde vaise a agardar ata que se de unha condición. Por exemplo se sae unha personaxe e ata que chegue ao medio do escenario non queremos que saia outra, poñeremos a condición deposxposyigual a (0,0)
enviar mensaxe Con este comando enviamos unha mensaxe cando queremos que pase o seguinto evento. Úsase cando non sabemos que tempo vai pasar entre un suceso e outro. Vai asociado ao comando ao recibir mensaxeque temos que poñer na figura que se quera que obedeza a mensaxe cando o fondo cambie Se queremos que pase algo no momento que outro fondo apareza, usaremos este comando.
cando o volume do micrófono Con este comando o que conseguimos é unha sincronización a partir de diferentes elementos como son, vídeo ou o cronómetro. A sincronización co volume do son usouse no exercicio da audición para que a bailarina empezara a proba, cando alguen dicía xa, ou aplaudía, ou facía algún son

Crea un diálogo

Vas crear un diálogo entre dúas ou máis personaxes. Para prácticar o uso dos comandos anteriores tes que polo menos usar tres de eles para sincronizar o diálogo. O diálogo terá unha duración de 1 minuto ao menos.

Aquí tes un pequeno exemplo:

diálogo


 

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0