Realización da animación

Para realizar unha animación é necesario planifcar a mesma. Nunha animación tratamos de contar unha historia, polo cal debemos de coñecer:

A historia

As personaxes

Os escenarios

Os diálogos

Efectos sonoros

Se se quixera facer unha historia complexa ou entre varais persoas deberíase de realizar un storyboard para planificar todas as esceas correctamente. Non vai ser este o caso xa que o número de sesións dedicadas a esta unidade non permitirá facer o storyboard.

Pero si que hai facer unha planificación previa o máis exahustiva posible. Para elo imos realizar as actividades que veñen a continuación.

Planificación da Animación

Nesta actividade imos empezar a planificar a animación. O primeiro que temos que saber é a historia. Para iso contesta as seguintes preguntas para saber cal vai a ser historia que vas contar:

  1. Cal é o título da animación
  2. Cantos personaxes vai ter e cales son
  3. Describe cada personaxe fisicamente, como son como van vestidos..Se prefires en vez de responder por escrito podes entregar os dibuxos de cada personaxe
  4. Cantas esceas vai ter a animación. Descríbe  cada escea: Personaxes que van participar, escenario  (ou entrega os dibuxos)
  5. Resume da historia que se vai contar na animación

Guión da animación

Para realizar o guión da animación vaise seguir este esquema (adaptado dun documento de elaboración de guión dado no curso "Vídeo dixital, elaboración dun programa didáctico" organizado pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no curso 2011/2012):

Escenario Acción Locución Audio Tempo
Aquí descríbese os diferentes escenarios: Como é se hai personaxes ao inicio ou non,.. Aquí descríbese o que pasa en cada un de eses escenarios, que personaxes están, que fan, onde estan.. Aquí descríbese o diálogo que existe entre as personaxes Aquí descríbese o audio que se vai  engadir a escea: pode ser música, sons ambientais, .. Aquí descríbese aproximadamente cando vai durar a escea para poder facer unha previsión da longura da animación

Se premes aquí tes o modelo en un documento de Libre Office Writer para realizar o guión da animación.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0