Introdución

Que imos aprender

De Scratch imos traballar os seguintes comandos:

Sinconización:

A sincronización vai ser uhna parte importante das animacións. Por sincronización entendese a ocurrencia de dous (ou máis) efectos o mesmo tempo ou cada un deles nun orde sucesivo, un primeiro, despois o seguinte ..

Vai ser importante na animación porque se hai diálogos para que teñan sentido as frases de cada personaxe teñen que ir unha despois da outra. Tamén cando aparecen que personaxes ou segundo en que escea se este é necesario un fondo o outro...

Para sincronizar estas partes da animación temos diferentes comandos en scratch que nos poden servir como:

agardar agardar ata cando o fondo cando volume de enviar mensaxe

Ainda que non falaramos antes de sincronización, si fixeches un programa na que tiña importancia a sincronización: "o nome animado". Nese programa tiña importancia o tempo que  agardaba cada letra ao entrar e sair para que fora de forma correcta.

Bloques: Os bloques son subprogramas que podemos crear de maneira que logo poderemos usalo como un comando cando o necesitemos. Se prememos en bloque aparece o que se ve na imaxe: Facer un bloque é engadir extensión (esto agora non imos usalo pero explicar que sirve para conectar con un medio físico externo)

bloques marcado

Como se fai un bloque:

Os bloques (e outros trozos de código) podense gardar na mochila, de maneira que sempre dispoñamos deles.

Apariencia: Imos traballar cos cambios de disfraces, (algo xa sabedes), cos efectos gráficos, e se usarán moito seguramente as ordes dicir e pensar.

apariencia1apariencia2

Son: Para facer máis rica a animación pódedes engadir sons, que poden ser os que veñen por defecto no Scratch, gravar os teus propios en Scratch ou importar sons que te gusten para o proxecto (música, efectos sonoros,..voz). Pódense simular diferentes instrumentos e pódense crear melodías con eles. Tamen podes compoñer música no Scratch (máis adiante cando traballemos coa robótica faredes a vosa melodía para que a reproduza o ranger)

son

Mochila: Na parte baixa da ventá de Scratch está a mochila. Aquí pódese gardar trozos de código (bloques por exemplo) que se poden utilizar  noutros programas, de maneira que non haxa que volvelos a escribir. Garda aí os bloques (ou trozos de código que te interesen) que vaias creando nos diferentes exercicios de maneira que dispoñas deles sempre.

mochila

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0