Animacións con Scratch

Animacións con Scratch:

animación

O vídeo anterior é unha animación realizada con Scratch.  Unha animación é un programa que ten como resultado a simulación de movemento, ou conversas, ou outros efectos co obxectivo de contar unha historia.
Con Scratch se realiza unha serie de accións que nos permiten crear a ilusión de que os obxectos, falan, saltan, andan, bailan e incluso expresan emocións.
Usando estes efectos pódese dende realizar un anuncio publicitario, a exposición dun feito científico-tecnolóxico ou histórico (ou a explicación dun concepto de calquera das materias que se cursan), ata un book-trailer (o presentación dun libro animando a súa lectura).
Nesta unidade aprenderás a usar os bloques en Scratch, para realizar accións, cambiar e modificar disfraces, engadir son ou música… Ao final eses coñecementos os vas usar para realizar unha animación que dende Scratch se exportará en formado de vídeo.
Imos a elo

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0