Efectos gráficos

Os efectos gráficos que podemos realizar en Scratch veñen dados polos comando englobados polo nome de apariencia (color morado). Con estes bloques podemos facer que un obxecto ande, ou fale ou modifique os seu cores ou o seu aspecto, tamaño..e usar eses cambios para expresar emocións ou simplemente adornar o programa que estemos realizando.

Andar.

Hai que crear un bloque para unha figura que de sensación de que ande un paso. Para elo podemos buscar unha figura na biblioteca de Scratch que teña de segundo nome walking (andando en inglés). Estas figuras xa teñen os difraces apropiados para dar esa sensación de movemento.  Tamén se pode debuxar varias figuras variando a posición das pernas, sacarte fotos ti andando... O efecto de andar baséase no cambio do disfraz.

andar

Obxectivos

Crear un bloque

Usar as diferentes vestimentas dunha figura para dar sensación de movemento

Obxecto

Se é escollido da biblioteca que teña diferentes vestimentas nas que no debuxo se varie as posicións das pernas (ou patas)

Se é debuxado hai que facer varios debuxos onde a posición das pernas (ou patas) varie

Fotografías dunhas pernas (ou patas) que cambien a súa posición

Escenario un
Bloque Crear bloque nome: andar crearbloqueandar
Comandos necesarios moverseguinte vestimentaagardarrebotarfixar estilo de rotación esquerda dereita

Saltar

No vídeo da introdución, no que se veia como crear un bloque se creaba o bloque saltar. Imos a facelo agora: Crearemos un bloque que de cree a ilusión de que un obxecto salta. Neste caso a eleción dos disfraces do obxecto tamén é importante.

Obxectivos

Crear un bloque

Usar diferentes vestimentas para dar sensación de que o obxecto salta

Obxecto

Se é escollido da biblioteca que teña diferentes vestimentas nas que no debuxo se varie as posicións das pernas (ou patas) e dos brazos

Se é debuxado hai que facer varios debuxos onde a posición das pernas (ou patas) e dos brazos varie

Fotografías dunhas pernas (ou patas) e dos brazos que cambien a súa posición

Escenario Un
Bloque bloque saltarsaltar
Comandos necesarios trocar yagardartrocar vestimenta



Combinando bloques

Agora que temos creados dous bloque como andar e saltar, o programa que se realizará consistirá en combinar ambos bloques e facer unha mínima animación.

Usando a bailarina, a animación a realizar vai ter como título "Audición" e consitirá en ver a proba que fai a baliarina para poder participar nun ballet. A proba consiste en atravesar o escenario saltando. Ademais imos a engadir interacción co exterior mediante son para que a bailarina despois de presentarse, espere a que alguén lle diga que empece.

audición
Obxectivos

Usar bloque xa creados para facer un programa que os combine

Engadir interacción co exterior mediante o sensor de  son volumesensor

Engadir unha variable e unha lista para poder cambiar os valores de volume e o tempo de forma máis sinxela

Obxecto

Se é escollido da biblioteca que teña diferentes vestimentas nas que no debuxo se varie as posicións das pernas (ou patas) e dos brazos

Se é debuxado hai que facer varios debuxos onde a posición das pernas (ou patas) e dos brazos varie

Fotografías dunhas pernas (ou patas) e dos brazos que cambien a súa posición

Escenario Adecuado a audición
Para iniciar o programa ao premer bandeira verde
Comandos que se usan agardaragardar atair a x e yesvarardicir
trocarvestimentavolume sensorandar usarsaltar usarmaior que

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0