Scratch

Introdución

O scratch é un entorno de programación baseado en Squeak e desenvolvido polo M.I.T (Instituto Tecnolóxico de Massachusetts) e a Universidade de Los Angeles (UCLA)

Usa bloques que a modo de puzles pódense unir e facer programas que se representan nun escenario. Podemos facer videoxogos, películas de animación, programas matemáticos..
Ao ser mediante bloques evitamos os erros de sintaxe que se poden producir se escribimos código.
Pódese instalar en Linux, IOS e Windows, ademais de poder crear unha conta e usalo online. Na clase vaise usar online polo que haberá que crear unha conta.
Para máis información preme aquí, e para máis información para as nais e pais preme aquí

A palabra "scratch" en inglés significa: rabuñar, rascar. No entorno dos DJ. é o efecto músical de mover adiante e atras un disco de vinilo. Ademais hai unha expresión "from scratch" que se traduciría como "dende cero", moi acaida aquí xa que este curso sería "Scratch from scratch".

Empezando

Preme aquí para ir a web de Scratch.
Tes que rexistrarte en con unha conta de correo e unha contrasinal.
No vídeo podes ver o proceso

rexistro en scratch



Cando remates Scratch vai enviar un correo a túa conta de correo para que a confirmes. Tes que entrar en ela (na conta de correo), buscar,  o correo enviado por Scratch (aparece como No-Reply) e premer no enlace que te indican para confirmar a túa conta de Scratch. Se non o fas non vas poder compartir os teus proxectos de Scratch.

correo de confirmación de ScratchTexto correo confirmación Scratch

Xa podes empezar o primeiro programa dandolle a Crear en Scratch
Scratch está en moitos idiomas para cambialo tes que premer en  Cambiar a linguaxe , despois podes escoller o idioma

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0