Programación

Programar con Lapis e Papel

Estes van ser os primeiros programas que se van facer no curso. Pero non se necesita ordenador!!!

Descarga o documento, lé con atención e segue as instrucións.

Ao acabar terás feito tres programas.

Que é programar?

O que fixeches na actividade anterior é programar, pero imos a ver a definición con máis detalle.

Cando alguén quere realizar algo (unha festa, viaxe, ..) o que ten que facer é pensar varias cousas para poder levar a cabo o que se quere facer. Por exemplo cando se  programa un curso de "Iniciación a programación", hai que pensar que se vai dar, en que orde, con que material, como se vai avaliar, que actividades se realizarán, etc..

Isto é programar, pero é o que imos estudiar neste curso. Programar ten máis de un significado e si miramos a súa definición no diccionario R.A.G. (Real Academia Galega):

definición de programar

Vemos que hai varias definicións. A primeira e a que se falou ao principio, tamén temos que é dar as ordes para unha máquina faga algo e a última é a que nos interesa que é elaborar un programa informático ou onde pon "Tamén absoluto" será coñecer unha linguaxe (na definición a linguaxe C, neste curso Scratch)

Entón, que é un programa informático? No diccionario da R.A.G. a definición para programa informático é a seguinte:

definición programa informático

Isto é o que se vai facer neste curso, aprender como converter nun videoxogo, nunha historia, na resolución dun problema matemático ou nas ordes que permiten que un robot se mova, mida a temperatura,etc, o conxunto de instrucións (comandos) que ten Scratch.

Este é un exemplo de como sería o programa "ola mundo" (un clásico da programación) en Scratch e Mblock (entornos de programación gráficas) e en Python e C (linguaxes de código). O programa consiste en que apareza na pantalla a expresión "Ola mundo"

Scratch (gráfico) Mblock (manexar o robot) Python (código) C (código)
ola mundo Ola mundo mblock ola mundo python ola mundo c

Tipos de linguaxe de programación

Existen diferentes tipos de linguaxe de programación:

Linguaxes de baixo nivel:

  • Código máquina
  • Linguaxe ensamblador

Linguaxes de alto nivel:

  • Ada
  • C
  • Python
  • C++
  • Cobol
  • Pascal
  • ....
  • Scratch
  • Mblock

Que diferencia as linguaxes de alto nivel das de baixo nivel?

Porque programar?

No seguinte vídeo fálase de porque é interesante programar. Despois de visto explica en cinco liñas que contan no vídeo.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0