Figuras
A figura ou obxectos de programación (tamén chamado Sprite en honor os obxectos de programación do Spectrum). Podemos ter todos os obxectos que queramos para facer os programas. Por defecto aparece o gato (scratch significa rascar ou rabuñar) que é o símbolo de scratch. Pódese eliminar con botón dereito> borrar (eliminar) ou collendo as tesoiras que hai na parte superior da pantalla e cortalo. Os obxectos poden ter disfraces. Un disfraz ten a mesma programción que o obxecto pero diferente apariencia.
Igual que o escenario, o obxecto pode ser editado e dibuxado, buscar na biblioteca do propio Scratch, subir unha imaxe do ordenador ou sacar unha foto coa cámara do ordenador. No vídeo podedes ver como se fai:
Premendo boton dereito sobre o obxecto aparece un menú contextual que permitirá escoller a función de borrar (entre outras). Este menú vai depender do sistema operativo que estemso traballando.
Tesoiras: colocadas na barra de comandos permiten cortar o elemento que queiramos.
Obxectos
Elimina o gato de Scratch e engade un obxecto da biblioteca, edítao (cambialle a cor) e logo elimínao.
Volves a escoller outro obxecto da biblioteca. Crealle un disfraz
Debuxa un obxecto.
Busca unha imaxe na rede, descárgaa no ordenador ( fixate onde se garda no ordenador, seguramente na carpeta descargas). Unha vez gardada, súbea a Scratch como un obxecto.
Botón dereito sobre a imaxe e escolles a opción gardar esta imaxe como
Truco 1
Como podemos copiar código en distintos obxectos?