Escenario

O escenario é o fondo da pantalla onde se desenvolverá o programa. Podemos ter todos os fondos que queramos e temos unha serie de comandos para programalo (os mesmos que o obxecto excepto os de movemento xa que non pode telo)

O escenario pode ser editado e con un pequeno editor gráfico debuxar nel. Hai unha biblioteca de fondos de scratch que unha vez cargados, tamen se poden editar. Ademais pódese subir unha imaxe (en formato png ou jpg) do ordenador, ou se este ten cámara sacar unha foto e poñela de fondo. No seguinte vídeo podes ver como funciona

escenario





O escenario ten coordenadas "x" e "y". As coordenadas x (en horizontal) toman valores dende -240 ata 240 e as coordenadas y (en vertical) toman os valores dende -180 ata 180. O centro do escenario ten coordenadas x=0 e y=0

Escenario

Proba a engadir fondos, a editalos e debuxar o que queiras. Duración da actividade cinco minutos

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0