Algoritmos e diagramas de fluxo

Algoritmos

Para empezar a facer un programa o primeiro vai ser coñecer o algoritmo do que se quere programar. A palabara algoritmo cada vez aparece máis en titulares de prensa. Na Wikipedia definen algoritmo como:

definición wikipedia algoritmo

Se aínda non o tes claro, mira o vídeo e despois seguimos:

algoritmos

Imos ver con detalle dúas partes da definición:

Conxunto de ordenado de operacións sinxelas : É dicir cando se quere realizar algo é necesario saber en que pequenas etapas, instrucións, pasos o podemos dividir para conseguir o obxectivo final.

Se hai que explicarlle a alguén como cepillar os dentes, non se pode dicir colles o cepillo a pasta e xa está. Terías que dicirlle:

  • colles o tubo de pasta
  • sacaslle o tapón
  • colles o cepillo de dentes
  • apretas o tubo para que saia a pasta
  • que pos encima do cepillo...

A orde é importante xa que non podes botar a pasta no cepillo se primeiro non lle sacas o tapón, ou tampouco caera a pasta no cepillo se non o pos primeiro o cepillo debaixo.

A unha persoa que nunca se cepillou os dentes, o cepillo e a pasta son obxectos descoñecidos polo que as ordes anteriores solas non serían suficiente. Primeiro habería que explicarlle que é a pasta e o cepillo. O mesmo co ordenador que  non coñece case nada (aínda que nos pareza listísimo, non o é a menos que unha persoa llo ensine) e hai que explicarllo case todo. Isto é importante  recordalo sempre.

Así teríamos que ensinarlle  a pasta e o cepillo neste caso, para que poidera seguir as instrucións anteriores.

Conxunto finito de operación sinxelas: Significa que as instrucións, ordes ou pasos acaban nun momento, aínda que sexan moitas non serán infinitas.

Crea un algoritmo

Escolle un acción que realices na túa vida cotidiana (non valen os exemplos que hai no vídeo) e crea o algoritmo para realizar esa acción, primeiro para explicarlla a outra persoa que coñece os obxectos e despois para explicarllo a alguén que veña do espazo e non coñeza nada da Terra .

Para explicar os obxectos usa solo "definir  obxecto" sen escribir nada máis, por exemplo, no cepillado de dentes:

...

Definir o tubo de pasta

Coller o tubo de pasta

Definir o tapón do tubo

quitar o  tapón do tubo de pasta

...

Escríbeo nun documento de texto.

Diagramas de fluxo

Os diagramas de fluxo son respresentacións gráficas dos algoritmos. Representáse o algoritmo mediante unha serie de figuras xeométricas que teñen distintos significados. Así un rectángulo significa que o está escrito dentro é un proceso, mentras cun rombo, o que quere dicir é que hai que dar unha resposta entre si ou non ao que está escrito dentro do rombo. Temos moitas máis figuras que axundan a engadir datos a un programa a treves do teclado, a que saia a resposta pola pantalla, ou pola impresora..

Neste cadro está algúns das representación máis usuais:

rectángulo redondeado inicio ou fin dun programa (hai que poñelo ao inicio e ao fin dun programa) rectángulo proceso (dentro escribimos a acción que queramos que suceda)
rombo decisión (resposta si ou non a algo que se pregunta dentro) trapezoide entrada ou saída (é xeral para unha entrada: dende o teclado, ou unha saída, por exemplo que apareza na pantalla o que escribimos)
saida impresora saída por pantalla (saída que se mostra unicamente na pantalla do ordenador) frecha liña de fluxo (indicca a dirección na que ocurren os procesos, seguindo a punta da frecha)

Así o diagrama de fluxo do programa ola mundo será:

diagram de fluxo ola mundo

É unha maneira de representar o algortimo: imprime en pantalla: "Ola mundo" .

Como hai un acordo para usar os mesmos símbolos, os diagramas de fluxo son máis adecuados para a comunicación dos algoritmos, Cando se elaboran programas entre varias persoas é importante seguir as reglas para a súa elaboración, para que todo o mundo entenda o mesmo. Por exemplo sempre hai que marcar o inicio e o fin do programa, debe ser facil de ler...)

Neste diagrama temos: o inicio e o fin e no medio a orde de mostrar na pantalla a frase "ola mundo".

En vez de usar o símbolo de saída por pantalla poderíase usar o que representa entrada ou saída en xeral. Nese caso damos menos información sobre o algoritmo.

Ainda que a realización de diagramas de fluxos non se vai tratar neste curso, algunhas propostas de programas irán acompañadas dos seus diagramas de fluxo, xa que poden axudar a clarificar a solución para os mesmos.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0