VESME?: Sensores de Luminosidade

Neste capítulo:

  1. HARDWARE: Sensores de Luminosidade
  2. SOFTWARE: O Sensor de luminosidade no mBlock
  3. Actividades: 
      • Vesme?
      • Corre cara a luz

HARDWARE: Sensores de Luminosidade

Estes sensores, tamén chamados Sensores de Luz, detectan a intensidade de luz sobre eles.

O mBot Ranger ten dous sensores de luminosidade integrados na placa. Atópanse situados no módulo do Anel de Leds en dous dos seus extremos, tal e como están indicados nas fotografías. Se inciden variacións de luz sobre elas, os sensores detectarán o cambio e o valor de esta magnitude.

lumi l

Para poder diferencialos ven marcado na placa o nome de cada un dos sensores.

        • Light_Sensor1
        • Light_Sensor2

SOFTWARE: O Sensor de luminosidade no mBlock

Estes sensores están nomeados para que resulte máis sinxelo programalos, así temos que ter en conta a correspondencia entre os sensores e os comandos. Cando se queira programar o sensordeluz1, marcado na placa como Light_Sensor1 a súa correspondencia no comando de programación é "a bordo1" ou "on board1" é para o sensor 2, Light_Sensor1 será "a bordo2" ou "on board2"

Light_Sensor1  on board1 ou a bordo1
Light_Sensor2  on board2 ou a bordo2

Poderemos utilizar estes sensores coma interruptores, é dicir se hai luz realiza unha determinada misión, ou ao contrario, son útiles e fáciles de programar.

Os comandos, son:

Código:

Permite programar sabendo o valor detectado polo sensor.

    luz
     Pódese escoller a conexión adecuada para cada sensor:
    • Para os sensores integrados no Anel del Leds escóllese "a bordo 1" ou "a bordo 2".
    • Para sensores de luz externos, non integrados na placa, pode seleccionarse o porto axeitado.
    luz

Coma nos casos anteriores realizarase unha actividade para coñecer o rango de valores que detectan estes sensores de luz.

Actividade: Vésme?

Imos coñecer os valores de luz que toman os sensores de luminosidade. É moi importante para comprobar o funcionamento dos sensores.

ve

  • Actividade: Programar o robot para que no escenario do mBlock aparezan os datos tomados polos sensores de luz.

" Vesme?"

Obxectivos
  • Comprobar o funcionamento do sensor
  • Comprobar o rango do sensor
  • Entender o funcionamento dos sensores
  • Integrar os coñecementos aprendidos
Obxecto/ Sensor   Sensor de luminosidade

Inicio

  • Utilízase este comando xa que o programa realízase no ordenador, no mBlock.
  inicio

Comandos a Usar

  • O programa é moi similar aos anteriores programas iniciais dos sensores.
  • Pódense utilizar variables, para que salgan na pantalla dous contadores en lugar da boca do panda.

inf  luzdecir

Programa

 - Sen  definición de variables,  os datos aparecen nun globo no escenario de mBlock.

- Con definición os datos virán dados nun contador no escenario de mBlock.

- Lembra que podes utilizar o comando redondear 

red

Sen definición de variables:

vesmeno

Con definición de Variables:

ve

Actividade: Corre cara a luz

Temos que programar o robot para que siga a unha lanterna. 

  • Actividade: Axudándote da lanterna do teu móbil, fai que o robot a siga, móvete e comproba que vai detrás.

"Corre cara a luz"

Obxectivos
  • Afianzar o coñecemento de programación de sensores
  • Entender o funcionamento dos sensores
  • Integrar os coñecementos aprendidos
Obxecto/ Sensor Sensor de Luminosidade
Para o Inicio auriga
Comandos a usar inf cond operador condluz

Se tes dúbidas preme aquí

  • Actividades de Ampliación: Podes intentar usar os comandos

                            esp             e/ou             esp

                       a) Programa o robot para que realice distintos sons dependendo da intensidade de luz recibida.

                       b) Pon todo nun mesmos programa onde o robot se mova e soe de xeito diferente segundo as distintas intensidades de luz que reciba.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0