SONS: Facendo Música

Tanto neste apartado como nos posteriores, o reto proposto está estruturado analizando puntos fundamentais:

  •    Hardware, parte física do robot involucrada na misión.
  •    Software, comandos e programas necesarios para levala a cabo con éxito

E posteriormente se suxiren tarefas de ampliación do aprendido:

  •    Actividades propostas
  •    Actividades de ampliación

Sons: Facendo Música.

  1. HARDWARE: Zumbador
  2. SOFTWARE:  Actuante de son no mBlock
  3. Actividades. Actividades de ampliación.

HARDWARE: Zumbador

Para facer música co noso robot Ranger, imos utilizar un dos seus Actuantes, o Zumbador;  un compoñente electrónico que é capaz de emitir sons, transforma "electricidade" en son.

Na placa sitúase tal e como se ve nas dúas fotografías, fronte a conexión 10-9, podes ver a súa disposición nunha placa coa carcasa de plástico posta e outra placa sen carcasa e sen o panel de anel de leds:

Sen carcasa

zumb

Con carcasa

z

Podemos programar o robot a través do mBlock para que o zumbador emita notas durante un tempo determinado.

SOFTWARE:  Actuante de son no mBlock

O programa mBlock utiliza para notas musicais a nomenclatura inglesa ou americana. Na seguinte táboa podes ver a correspondencia entre elas, por exemplo: a nota musical "DO", chámase  "C" en Inglaterra.

Sistema

ESPAÑOL

INGLÉS ou AMERICANO
DO C
RE D
MI E
FA F
SOL G
LA A
SI B

Na linguaxe mBlock existe un comando específico para o zumbador, permite modificar as notas, as oitavas e a súas duracións no tempo, co que non hai melodía que se resista.

Na seguinte táboa está especificado o seu uso.

Código son

Notas e  Oitavas:

Se premes na frecha das notas aparece todas as posibilidades para que escollas.

zumb

Duración das Notas

Premendo na frecha de "pulsación" aparece o tempo durante o que estarán soando as notas.

zum

Con todas estas combinacións podemos realizar un sen fin de melodías.

Actividade: Facendo Música

Imos comezar a nosa primeira actividade cos robots cantando unha das canción máis escoitadas nos veráns; DESPACIÑO.

  • ACTIVIDADE: Programa o robot para que reproduza a túa melodía favorita.

" Despaciño"

Obxectivos
  • Aprender a conectar o robot ao ordenador
  • Aprender a subir os programas realizados
  • Manexo do comando de son
Obxecto: Actuante
 Zumbador e o seu código
Para iniciar o programa auriga
Comandos necesarios

son

bucle

Se necesitas axuda preme aquí
  • Actividades de Ampliación:
  1. Consigue que o teu robot toque un anaco da túa canción favorita. (Se necesitas, podes buscar as notas en nomenclatura inglesa ou americana en internet).
  2. Compón o son dunha Ambulancia ou da Policía.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0