Programando Retos

O sentido da robótica é conseguir que aparellos construídos por nós realicen as tarefas que necesitamos. Consideramos que a aprendizaxe da robótica ten que ser sobre todo práctica polo que esta unidade está organizada en misións que utilizan os recursos de hardware (parte física) e software (programas) dos robots Ranger.

A linguaxe a utilizar vai ser a linguaxe de programación mBlock m .

Estrutúrase dende os proxectos máis sinxelos ata os máis complexos aplicando todas as ferramentas aprendidas durante o curso.

PANDA

Os retos propostos son:

  • SONS: Facendo Música
  • LEDS: Poñendo Luces
  • MOVEMENTO: Demóstrase Andando
  • NON CHOQUES: Sensor de Ultrasón
  • ÓESME?: Sensor de Son
  • VÉSME?: Sensor de Luminosidade
  • SÉGUEME: Sensor Segueliñas

Dentro de cada reto, o apartado divídese en dúas partes para analizar o problema:

      - Hardware: Na que se analizan os compoñentes electrónicos que se necesita para levar a cabo a misión.

      - Software: Os comandos que van ser necesarios para realizar o programa.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Compartir igual 4.0